Page 7 - revista agaca 167_web
P. 7

7

                                                                                                  a fondo

                Desigualdade      nas    negociacións            A obsesión moderna coa alimentación levou á
                comerciais                                       sociedade a desconectar da realidade do agro.
                                                                 Gran parte das mensaxes arredor das novas
               A PAC é a gran política común da UE que máis      alimentarias (aquí as redes sociais acadan gran
               fácil acada consenso dos países que a integran:   protagonismo), das dietas, dos superalimentos
               O sector agrario convértese en moeda de cambio    etc. son fake news.
               en negociacións internacionais, fanse cesións no
               mercado dos alimentos e gáñanse mercados en              Existe incoherencia entre os estritos
               sectores como o da automoción, o asegurador
               ou o financeiro, beneficiando aos grandes grupos      requisitos á produción europea fronte
               económicos da UE (bancos, aseguradoras etc.).           ás importacións de terceiros países.

               As concesións no mercado alimentario a cambio     As  modas  que,  en  ocasións, son  impulsadas
               de beneficios noutros sectores derivan en desa-   por persoas con influencia mediática ou
               fíos case insuperables para a competitividade e   popular poden provocar, en tempo récord, unha
               a viabilidade das explotacións agrarias.          demanda abrumadora dun produto que a
                                                                 distribución procura satisfacer exercendo presión
                                                                 sobre  os  produtores.  Estes vense sometidos  aos
                          O sector agrario convértese en
                                                                 requisitos intrínsecos do seu cultivo, ao que se
                     moeda de cambio en negociacións             suma a competencia desequilibrada proveniente
                                          internacionais.        do exterior.

               Cando se asinan acordos comerciais que obvian     A sensación é de que se está a transmitir unha
               as obrigas de producir baixo as normativas que    imaxe de culpabilidade desmedida cara ao
               se impoñen á produción da Unión Europea estase    sector. Cómpre unha reflexión máis atenta sobre
               xerando un claro desequilibrio, que se traduce en   a desproporción da carga que se lle impón e a
               competencia desleal.                              responsabilidade que temos todos como socie-
                                                                 dade, por exemplo, na loita contra o cambio
               O mercado e os consumidores non remuneran,        climático:
               nin remunerarán, os esforzos por acadar unha
               maior sostibilidade medioambiental. Existe unha   Cal é o impacto ambiental de mercar por Internet
               clara incoherencia entre os estritos requisitos   ou de desfrutar de viaxes en avión a destinos afas-
               esixidos a toda a produción europea fronte ás     tados? Actividades tan cotiás como as vacacións
               importacións de terceiros países, que provocan    poden duplicar as emisións anuais de consumir
               unha desigualdade competitiva. O resultado        carne ou leite. Tal vez o turismo, a diferenza do
               é unha cadea agroalimentaria sen valor e uns      sector agrario, é un intocable.
               produtores sen rendibilidade, sen substitución
               xeracional e abocados ao abandono, con conse-     En canto aos alimentos, dáse o paradoxo de
               cuencias no medio  ambiente e  no territorio  xa   que os produtos ultraprocesados reciben moitos
               visibles na Galicia e na España baldeirada.       apoios, pero coñecemos o seus impactos na
                                                                 saúde e no ambiente?
                Degradación da imaxe do sector
                agrario                                           Camiño cara á sustentabilidade

               O sector agrario e gandeiro da UE ten un          A falta de aliñación entre as medidas impostas
               problema moi serio e profundo coa mala imaxe      e os principios promotores, a percepción dunhas
               da agricultura e gandería difundida por certas    esixencias ambientais sen respaldo científico
               elites sociais e por grupos de opinión descoñece-  sólido ou a desigualdade nas importacións están
               dores absolutos da realidade produtiva.           xerando unha gran frustración no sector.

               A simplificación dos temas agrarios favorece una   A pesar das protestas, a maioría do sector está
               case «militancia» ecoloxista e animalista baseada   comprometido  con mellorar a súa sustentabili-
               na desinformación, nos prexuízos e na falta de    dade ambiental e adaptarse ao cambio climá-
               rigor científico.                                 tico,  pero  é  imprescindible  que  este  camiño  se
                                                                 faga  baseándose  na  coherencia  entre  políticas
                                                                 ambientais e desenvolvemento económico.



                                                                                                     Nº 167 Marzo 2024
   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12