Page 12 - revista agaca 167_web
P. 12

12

               tendencias

                    Té, resinas e oliveiras, sectores por explorar




               Un dos propósitos de AGACA é poñer en valor e dar a coñecer o potencial do sector agroali-
               mentario, que abrangue actividades moi diversas, nalgún caso minoritarias pero non por iso
               irrelevantes. Neste senso, no marco da Rede Eusumo, facemos un repaso dalgunhas producións
               que se desenvolven en Galicia a pequena ou mediana escala, e que protagonizaron varias das
               accións formativas desenvolvidas pola Asociación nestas últimas semanas.

                O té galego                                      institución constata un aumento debido ás restri-
                                                                 cións de movementos derivadas da pandemia e
               O té, a infusión procedente da Camellia sinensis,   estima que a produción acade os 8,5 millóns de
               é unha bebida consumida a nivel mundial           toneladas en 2027.
               (segundo estatísticas, bébense 25.000 cuncas
               por segundo) e mesmo conta cun día Interna-       Con estes antecedentes, a Estación Fitopatolóxica
               cional declarado polas Nacións Unidas, o 21 de    de  Areeiro conta cun Plan Estratéxico para o
               maio. Na actualidade, a FAO (Organización das     Lanzamento e Promoción da marca Té de Areeiro
               Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricul-   na provincia de Pontevedra. Areeiro postula que o
               tura) estima que sustenta a máis de 13 millóns de   gasto en infusións en España está a medrar, igual
               persoas, especialmente en pequena produción e     que o consumo de té verde; o cultivo, ademais,
               en zonas rurais.                                  pode contribuír á mellora da biodiversidade.

               E non é unha moda: conta cun arraigo milenario    Por contra, indica que non é unha bebida tradi-
               no mundo e centenario en Galicia, onde xa no      cional en Galicia e que, malia que o tempo de
               século XIX a Escola Práctica de  Agricultura de   cultivo é de seis meses, o proceso para contar
               Pontevedra vendía a planta de 30cm a dúas         cun produto listo para o mercado é longo e
               pesetas.  Un  informe  da  FAO  en  2018  apuntaba   precisa de varios coidados e traballos, ademais
               un posible aumento no consumo de té ligado á      dun investimento inicial de 13.000 €/ha; con todo,
               maior concienciación e interese polos beneficios   o rendemento da Camellia sinensis estímase de
               que supón á saúde e ao benestar; en 2021, a       tres a cinco toneladas/ha/ano.








































                                  Nº 167 Marzo 2024
   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17