Page 14 - revista agaca 167_web
P. 14

14

               tendencias

               indica que a madeira resinada e a que non o foi   e Formación  Agraria e Pesquera (Córdoba)
               son estatisticamente iguais.                      salvagarda o patrimonio varietal da oliveira, que
                                                                 se  mantén  case  intacto  durante  séculos pola
               Con todo, emprender  como industria extractora    lonxevidade e capacidade de supervivencia da
               require considerar os custos — que dende Laxes    especie. A colección conta 1270 entradas de 29
               Ambiental marcan en 1,40€/kg considerando         países, con 668 variedades identificadas, porén, o
               salarios, equipos de traballo e transporte (para os   Banco constata que as plantacións se basean en
               seus catro traballadores), acordo co propietario   poucas variedades, dadas as demandas da olivi-
               das árbores e rendemento—, ademais da falta       cultura moderna e competitiva e a globalización
               de apoio público (existen, por exemplo, axudas    do mercado aceiteiro.
               para creación de superficies forestais e para rozar,
               malia que estas últimas non se apliquen a fentos,   Así as cousas, o Banco indica que as investi-
               que dificultan o traballo). Así, incentivos coma o   gacións deberían enfocarse nas variedades
               complemento de vixilancia existente en Portugal   adaptadas ao cambio climático e nas aptas
               para labores como a alerta de incendio poden      para o cultivo ecolóxico, ademais de no estudo
               terse en consideración.                           do Verticilium e a Xylella; tamén, no aumento da
                                                                 oferta varietal e no uso das novas ferramentas da
                As oliveiras                                     xenómica para a identificación varietal e a selec-
                                                                 ción precoz na mellora. Neste senso, o Banco
                                                                 recoñece dificultades para identificar correcta-
                                                                 mente as variedades de  oliveira: non só existen
                                                                 numerosas variedades que reciben o mesmo
                                                                 nome, senón que hai casos opostos onde unha
                                                                 variedade se denomina de moitos xeitos; para
                                                                 aclarar a confusión, baséanse nos caracteres
               A explotación de oliveirais para obter aceite     morfolóxicos, sendo o óso o órgano máis útil para
               require numerosas consideracións. O Grupo         discriminar variedades.
               Operativo  del Olivar  en  Galicia-OLIGALICIA,
               desenvolvido por  AGACA, o Centro  Tecnolóxico    Estas  accións  formativas  enmárcanse  no
               da Carne e a cooperativa Proligal ao abeiro dos   programa de actuación 2023-2024  da Rede
               fondos FEADER, afirma que o sector aumentou en    Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colabo-
               Galicia nos últimos anos, con variedades autóc-   ración impulsada pola Secretaría Xeral de Apoio
               tonas e foráneas, sendo un problema a falta de    ao Emprego,  Traballo  Autónomo e Economía
               coñecementos sobre o cultivo.  Así, OLIGALICIA    Social e da Consellería de Promoción do Emprego
               aspira a crear un mapa das variedades existentes   e Igualdade para o fomento do cooperativismo e
               e estudar prácticas de cultivo adaptadas a cada   a economía social que conta co financiamento
               explotación, no relativo a fertilizantes e a rega.   do Ministerio de Traballo e Economía Social.

               A orientación, horas de sol e de frío, fortes ventos,
               asolagamento, xeada, chuvia e alti-
               tude determinan a aptitude do terreo
               para o cultivo de oliveiras, por tanto, o
               emprego de castes autóctonas pode
               ser vantaxoso: están adaptadas ás
               condicións do medio (xenes resistentes
               a enfermidades ou seca, por exemplo)
               e aos ciclos de cultivo específicos, o
               que lles dá gran viabilidade e unha
               calidade organoléptica propia e dife-
               renciada que pode ser demandada
               polos consumidores, ademais de ser
               un patrimonio xenético fonte de biodi-
               versidade.

               O Banco Mundial de Xermoplasma da
               Oliveira do Instituto de Investigación                     Público na xornada sobre oliveiras.



                                  Nº 167 Marzo 2024
   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19