Page 6 - revista agaca 163_web
P. 6
6
a fondo
«InLac é unha organización imprescindible
para vertebrar o sector lácteo»
Tras a celebración da
Asemblea Xeral, en decembro
de 2022, Daniel Ferreiro
Otero é elixido presidente
de InLac por un período de
dous anos. En Galicia, Daniel
é amplamente coñecido
pola súa vinculación co
sector lácteo, industrial e
cooperativo. Actualmente é o
director xeral da cooperativa
Aira e presidente do Consello
Sectorial de leite e produtos
lácteos de Cooperativas
Agro-alimentarias de España.
C.G.: Daniel, que supón ser
elixido presidente da InLac?
Daniel F. (D. F.): No persoal,
máis responsabilidades e máis
traballo; creo que a miña expe-
riencia no sector agrogandeiro,
así como no mundo cooperativo
e do asociacionismo, pode ser Daniel Ferreiro,
valiosa para axudar a unha
organización como InLac onde é
fundamental ter capacidade de presidente de InLac
diálogo e escoita para chegar
a acordos coas distintas organi-
zacións que a conforman. InLac
realizou un inmellorable traballo durante estes C.G.: Que obxectivos/retos se marca para
últimos difíciles anos, marcados pola pandemia, estes dous anos?
o inicio da invasión de Ucraína e importantes
problemas de sustentabilidade económica e D. F.: Temos ante nós un sector que debemos
social do sector lácteo. A pesar deste complicado protexer e impulsar. O máis importante é apon-
contexto, InLac impulsou campañas de promo- toar o sector lácteo e conseguir unha adecuada
ción a nivel nacional e internacional e outras rendibilidade que impida a desaparición de
moitas accións ás que estamos a dar continui- operadores, porque non podemos permitirnos
dade actualmente e impulsando outras novas. o peche nin dunha gandería máis, nin dunha
empresa fabricante ou provedora de servizos.
Actualmente, son consciente do momento crucial
que vive o sector lácteo, que obriga a todas as A vertebración sectorial será fundamental se
organizacións da Interprofesional a colaborar e queremos asegurar o futuro das familias e as
implicarse na procura de estratexias e accións empresas ligadas a este sector. O Obxectivo, con
que contribúan ao mantemento do tecido social maiúsculas, debe ser conseguir a sustentabili-
e empresarial do noso sector lácteo. dade económica para todos os elos da cadea
porque, sen iso, non poderemos progresar
tampouco nin na sustentabilidade social nin na
ambiental.
Nº 163 Maio 2023

