Page 37 - revista agaca 161_web
P. 37

37

                                                                                               tendencias

               proceso de sega e almacenaxe inclúese un
               proceso de limpeza de lixo que permite mellorar a
               calidade das fibras en canto a pureza. O proceso
               de eliminación de lixo é realizado por un robot,
               que ten un algoritmo baseado en DEEP LEARNING,
               e que seguen afinando mediante a catalogación
               do lixo atopado na herba por un sistema de
               tamaños e cores.


                     O proceso de elaboración de papel
                          parte das fibras de celulosa da
                         herba que na fábrica acabarán
                                converténdose en papel.


               O proceso da DEMO dos Países Baixos consta de
               dúas partes: a obtención de fibras de celulosa                    Dixestor seco.
               procedentes da herba (por parte de ACRRES) e
               a elaboración de papel na factoría SCHUT PAPIER.

               En  ACRRES realízase a cadea de valor ata a
               obtención das fibras de celulosa que se entregan
               a SCHUT PAPIER para a elaboración de papeis de
               alta calidade e cunha beleza case decorativa.

               Dende o ano pasado, os investigadores avan-
               zaron moitísimo nos procesos relacionados coa
               obtención das fibras de celulosa.  Ademais, o
               proceso de sega e almacenaxe da herba está
               máis refinado e o algoritmo de limpeza da herba
               máis completo e afinado.

                O proceso

               As imaxes tomadas durante o circuíto amosan un
               resumo do fluxo de accións realizadas no proceso
               de obtención das fibras de celulosa procedentes
               de herba. O esquema sería:

               Unha vez segada a herba, déixase secar no chan
               ata que se recolle e se fai a remoción dos conta-
               minantes macroscópicos. Neste proceso están a
               crear a base de datos para o algoritmo do autó-
               mata que selecciona o lixo. O proceso é laborioso:
               a herba pasa por unha cinta na que nun punto
               hai unha cámara que detecta o contaminante
               e este é eliminado ao ser categorizado polo seu
               tamaño como un residuo.

               De seguido, a herba sométese a un proceso de            Maquinaria de lavado e tratamento alcalino.
               dixestión seca no que se eliminan os azucres e









                                                                                                        Nº 161 Decembro 2022
   32   33   34   35   36   37   38   39   40   41   42