Page 49 - revista agaca 160_web
P. 49

49

                                                                                                    novas


                       O curso sobre certificacións, pegada de
                  carbono e hídrica xa vai pola décima edición



                                                         «A economía social e a modernización do sector agroali-
                                                         mentario: certificacións de calidade e medioambientais» é
                                                         un ciclo formativo gratuíto que busca promover as oportu-
                                                         nidades que a economía social e a implantación destas
                                                         certificacións supoñen para modernizar as explotacións
                                                         agroalimentarias.
                                                         Dende que se iniciou, en 2020, esta modalidade formativa
                                                         está a acadar un grande éxito de participación, desen-
                                                         volvéndose a décima edición durante todo este mes de
                                                         outubro (e a novena do 19 de setembro ao 19 de outubro),
                                                         a través dunha plataforma de formación online aberta 24
                                                         horas para o alumnado.
                                                         A formación consta de tres unidades didácticas: Coope-
               rativismo no sector primario, Certificacións de calidade (ISO, GLOBALG.A.P., BRC/IFS e certificacións de vacún
               de leite) e Certificacións ambientais (ISO, análises de ciclo de vida, pegada de carbono e pegada hídrica).
               Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2022 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede
               de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social
               da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía
               social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.


                   O Grupo Caja Rural duplica a súa achega a

                                       Cáritas no Día Solidario

               Un ano máis, todas as entidades que forman o Grupo Caixa Rural e o equipo ciclista Caixa Rural-Seguros RGA
               uníronse para achegar o seu gran de area a un proxecto solidario. Trátase de continuar co labor social que
               forma parte do ADN do Grupo Caixa Rural e que se transmitiu ao equipo Caixa Rural-Seguros RGA, que se
               estableceu como o equipo máis solidario do pelotón.
               O Día Solidario, que conta co apoio e a implicación de todos os empregados do Grupo Caixa Rural, tivo lugar
               o 29 de setembro. Esta vez, debido á situación socioeconómica, o Grupo apostou por duplicar a súa achega,
               doando o 20% das pólizas de seguros que se venderon ese día.
               O obxectivo é colaborar co labor de Cáritas a través do seu Programa de Acollida e Atención Primaria, un
               programa que cobrou especial relevancia na actualidade, coas economías familiares minguadas pola situa-
               ción económica e coas dificultades derivadas da guerra de Ucraína.
               Grazas  a este  programa, acóllese
               ás persoas ofrecendo un espazo de
               atención e escoita dende o respecto
               e a dignidade para mellorar a súa
               calidade de vida. Cáritas atende
               as necesidades básicas mediante
               axudas  de  primeira  necesidade:
               alimentación, vivenda ou saúde,
               entre outras.

               Para dar visibilidade á acción, traba-
               llouse nunha imaxe identificativa
               do Día Solidario: unha man cos
               dedos índice e corazón levantados
               formando unha V.
                                                                                                        Nº 160 Outubro 2022
   44   45   46   47   48   49   50   51   52