Page 42 - revista agaca 160_web
P. 42

42

               mundo cooperativo

                     Delagro recicla máis de 90 toneladas de


                       residuos na planta das Pontes en 2021































                                                                           Pablo García Muñiz,
                                                                           Responsable da planta de Delagro nas Pontes

               Hai sete anos inaugurábase nas Pontes (A Coruña) o complexo Multidisciplinar de Delagro e,
               dende entón, o espírito de mellora guia o día a día nos 36.000 m² das súas instalacións, non
               só para ofrecer cada vez un mellor e máis completo servizo senón tamén para ir dando pasos
               firmes cara a unha produción cada vez máis sostible.

               Pablo García Muñiz, responsable da planta nas Pontes, refire os proxectos que puxo en marcha
               Delagro co obxectivo de contribuír á redución da pegada de carbono, entre os que destacan
               as iniciativas de reciclaxe e a procura de procesos máis eficientes.

               «Hai xa tempo que en Delagro somos conscientes
               de que a suma de pequenos xestos sostibles
               finalmente marca a diferenza.  Así que en 2021
               decidimos agrupar todas esas pequenas accións
               que xa levabamos a cabo na planta das Pontes
               e marcámonos uns indicadores e unha folla de
               ruta para ir medindo a nosa contribución a unha
               produción  máis  sostible.  Poder  comprobar  que
               as medidas implementadas van dando os seus
               froitos motívanos e fainos sentir orgullosos, porque
               vemos que tamén teñen impacto á hora de            Reciclaxe: clasificar e xestionar máis
               prestar un mellor servizo ás cooperativas socias»,   de 90 t de residuos
               explica García.
                                                                 No que respecta á reciclaxe, os datos recollidos
               Unhas medidas que, segundo explica, están         ao longo de 2021 dan unha idea da magnitude
               baseadas nos tres «R»: Reducir emisións, Reciclar   operativa do complexo, que ten unha capaci-
               e Reutilizar. «Para nós, isto tradúcese en utilizar os   dade de produción de 40.000 toneladas anuais
               recursos de forma máis responsable, a través da   de  fertilizantes. «De  papel e  cartón,  reciclamos
               implementación de procesos máis eficientes»,      10.200 kg; de plástico, 17.400 kg e de madeira,
               sinala o responsable da planta.                   62.500 kg», subliña Pablo. «Todos os residuos que
   37   38   39   40   41   42   43   44   45   46   47