Page 41 - revista agaca 160_web
P. 41

41

                                                                                      mundo cooperativo

                            En Celega prevemos aumentar a

                         transformación de produtos nun 60%




                                                                                   Planta da Transformadora Láctea
                                                                                      CELEGA, en Escairón (Lugo).


















               A Cooperativa Lemos deu un gran salto estratéxico empresarial ao facerse propietaria, en
               cooperación con cooperativa Coreber, da industria láctea CELEGA, disparando o seu peso de
               intermediación no sector lácteo de Galicia. En números anteriores desta Revista coñecimos os
               proxectos e, tras a pandemia, pedimos a José Manuel Rodríguez, xerente de Cooperativa Lemos
               e CELEGA, unha valoración sobre a marcha xeral do grupo Lemos (cooperativa máis Celega)
               e da contorna tan cambiante do sector lácteo.

               Cooperación  Galega  (C.G.):  Como  evolu-        J.M.: O sector está moi inestable, non é fácil facer
               cionou Celega, en canto a novos derivados         unha previsión do que pode pasar. Está claro que
               lácteos, servizos de mediación industrial e       existe unha redución importante da produción,
               actividades que desenvolve na actualidade?        os gandeiros e gandeiras que quedan teñen
                                                                 medo a ampliar e dende o noso punto de vista
               José M. Rodríguez (J.M.): A maiores do que xa     esta situación veu para quedarse, aínda que sexa
               se estaba elaborando en Celega no 2022 temos      cuns prezos un pouco máis baixos que os actuais.
               previsto aumentar en torno a un 60% a transfor-
               mación de produtos.
                                                                         En facturación, Celega pasará de
               C.G.: Que supón Celega para a cooperativa               50 millóns de euros a 90 millóns e a
               Lemos e para as persoas socias? Como se ve           cooperativa Lemos, de 20 a 26 millóns.
               beneficiada a base social deste novo ámbito
               empresarial?                                      C.G.: Fálenos de cifras: Cal foi a facturación da
                                                                 cooperativa Lemos e a de Celega no 2021? En
               J.M.:  Tanto para os socios e socias de Lemos     2022 supoñemos que seguirá subindo a factu-
               como para os provedores de Celega supón unha      ración; ampliaranse as marxes económicas?
               maior tranquilidade, sabendo que o obxectivo de
               Celega é que melloren os seus ingresos xa que     J.M.: As marxes económicas serán semellantes nos
               é unha industria que se debe ao sector produtor   dous exercicios. En canto á facturación, Celega
               (persoas socias-propietarias e provedoras).       pasará de 50 millóns de euros a 90 millóns e a
                                                                 cooperativa, de 20 millóns a 26 millóns de euros.
               C.G.:  Como  afronta  o  Grupo  Lemos  este
               momento comercial de altos prezos de certos       C.G.: A que nivel de capacidade operativa se
               derivados lácteos (manteiga e leite en po) e os   está a traballar e canto pode crecer aínda este
               prezos máis baixos dos tradicionais derivados     centro transformador de CELEGA?
               lácteos  de  consumo  en  España  (leite líquido,
               queixo, iogures...)?  Ata cando considera que     J.M.:  Agora mesmo estamos traballando apro-
               manteiga e leite en po van figurar con prezos     ximadamente sobre un 50% da capacidade de
               elevados?                                         produción da fábrica.

                                                                                                        Nº 160 Outubro 2022
   36   37   38   39   40   41   42   43   44   45   46