Page 5 - revista agaca 157_web
P. 5

5

                                                                                                  a fondo


                        Éxito do programa de Apoio á función

                               xerencial entre cooperativas e

                                     estudantes en prácticas























































               José Miguel Barcia, Aurora García e María Ramírez son tres xóvenes con titulacións de grao
               medio e superior en situación de desemprego que decidiron enviar o seu currículo a AGACA
               para participar no programa de Apoio á Función Xerencial nas cooperativas agroalimentarias
               galegas, na anualidade correspondente a 2021-2022 que vén de rematar en febreiro.

               A través deste programa —a edición 2022-2023 está desenvolvéndose actualmente—, persoas
               mozas, desempregadas e con formación específica, tras superar unha formación teórica optan
               a unha bolsa de prácticas remuneradas nalgunha das nosas cooperativas.

               Terras da Mariña, dedicada á produción e comercialización da faba; Agroflor, especializada en
               plantas e flor cortada, e a cooperativa vinícola Bodega Rúa (antes Virxe das Viñas) acolleron a
               Miguel, Aurora e María para desenvolver estas prácticas nas súas sedes e, agora que remataron
               o programa, titores e titoras e técnicos e técnicas de apoio cóntannos como foi a experiencia.



                                                                                                        Nº 157 Marzo 2022
   1   2   3   4   5   6   7   8   9   10