Page 47 - 147_interactivo.pdf
P. 47
47 novas
Caixa Rural promove o Camiño de Santiago
e un mellor financiamento para pemes e autónomos
Caixa Rural renovou un convenio coa Asociación de Garantía Recíproca AFIGAL que mellora as condicións de financiamento dispoñibles para as máis de 11.200 persoas socias da Asociación, mediante a que PEMES e autónomos avalados por AFIGAL poden formalizar operacións de financiamento de capital circulante, préstamos, investimentos e restruturación de pasivos para adquisición ou reforma de inmobles. O tipo de interese das operacións acollidas ao convenio queda nun diferencial do 1,75% con respecto do Euribor de referencia.
Por outra banda, co obxectivo de aproveitar o potencial económico do Camiño do Norte e concienciar sobre a importancia de dar un servizo adaptado ás necesidades dos pere- grinos actuais, Caixa Rural e Where is Galicia organizaron a charla coloquio «Café Camiño», no concello de Lourenzá. Dirixiuse a comer- ciantes, representantes municipais e de asocia- cións locais de Lourenzá, Mondoñedo e Abadín.
A charla supuxo unha ocasión de reflexionar sobre o potencial do Camiño de Santiago como dinamizador da economía local e motor demográfico, xa que o éxito crecente de rutas a Compostela coma o Camiño do Norte ou o Camiño Primitivo significou o despegue dun novo motor de actividade na zona: o turismo.
Condes de Albarei: premios e donativos
A adega Condes de Albarei colleitou en 2019 numerosos recoñecementos polos seus viños e renovou o seu compromiso coa loita contra a dependencia das drogas.
Con respecto ao Albariño Condes de Albarei, considerado a «marca insigne» da adega, recibiu, entre outros, a Medalla de Ouro na Guía de Viños, Destilados e Bodegas de Galicia, igual que o alba- riño Condes de Albarei «Enxebre» e o Albarei Ainé (unha nova elaboración); a mesma guía daba o Gran Ouro ao Albariño Condes de Albarei «En Rama» 2015.
Por outra banda, o albariño «Carballo Galego» obtivo altas puntuacións en guías coma a ABC, a Gourmets (94 puntos) ou a Peñín (93 puntos), onde unha nova elaboración, o Albarei Orixe, conseguiu 90 puntos.
A última das elaboracións de Condes de Albarei, Pazo Baión «Vides de Fontán», sumou 96 puntos na Guía Proensa e os 9,6 do crítico de El País, Carlos Delgado.
Por outra banda, en 2019 cumpríronse once anos da adquisición de Pazo Baión, durante os cales Condes de Albarei mantivo un importante compro- miso social contra a drogadicción a través dos que doou 150.000 euros a diferentes programas que traballan a prevención e a atención a persoas con dependencia das drogas.
A maiores, en virtude a convenios asinados co Ministerio de Sanidade, a adega contrata cada ano persoas que deixaron o consumo de drogas cun total de 400 xornadas anuais, que, indica a adega, se chegou a triplicar debido ao «excelente traballo levado a cabo por estes traballadores».
No 147 Marzo 2020