Page 46 - 147_interactivo.pdf
P. 46
46 novas
Ternera Gallega medra no campo e mantén cifras no mercado
A IXP Ternera Gallega pechou o exercicio 2019 con cifras positivas. A Indicación, que conmemora 30 anos de actividade, rexistrou un aumento tanto no número de explotacións activas coma no de tenreiros rexistrados, con incrementos próximos ao 2%: alcan- zaron as 8.298 explotacións inscritas con actividade e os 135.263 tenreiros rexistrados e controlados.
No que respecta a cifras de mercado, manté- ñense valores similares aos do exercicio anterior. Ternera Gallega considera positivo o resultado, pois «demostra a confianza dos consumidores na IXP e que cada vez son máis os que demandan produtos con calidade certificada», malia a «presión a dife- rentes niveis que sofre na actualidade o consumo de carne».
Datos:
• Canais certificadas: 96.104. Toneladas comercia- lizadas: 21.235. Supoñen un 0,5% menos que en 2018.
• Valor económico en primeira venda: 123 millóns de euros.
• Evolución dos prezos en orixe estable: entre 4,30 e 5 €/kg, aínda que consideran que debe mellorar.
• Industrias inscritas: 96; subiron as salas de despece e baixaron as comerciais cárnicas.
• Establecementos con imaxe corporativa: aumen- taron, chegando a 1.416. Prevalencia de Galicia, Levante e zona Centro.
• Exportación: 3-4% a Alemaña, Portugal e Andorra.
A IXP Vaca Gallega/Buey Gallego tamén amosa crecemento: acadou 796 explotacións inscritas con actividade e 28 industrias; en canto a carne, comer- cializou 192 toneladas, certificou 466 canais e conta con 4.982 animais rexistrados.
O Consello Regulador das IXP de Carne de Vacún de Galicia destacou as 22.379 inspeccións, 2.532 mostras tomadas, 3.096 análises e 2.074 probas de ADN realizadas en 2018, así como o labor formativo con profesionais da gandería, da industria e da distribución, ademais de con consumidores, que consideran «fundamental para mellorar os sistemas produtivos».
BASF ofrece cursos e charlas
mediante Técnicos Online
A División de Solucións Agrícolas de BASF en España lanzou Técnicos Online (www.tecnicosonline.net) para impartir e compartir dixitalmente coñecementos técnicos e lograr unha protección dos cultivos eficiente e sustentable.
A iniciativa diríxese ao persoal técnico agrícola e organízase mediante charlas, demos e vídeos formativos sobre temas relevantes. Xa están dispoñibles os cursos «O cultivo da colza en España» e «Enfermidades na madeira da vide».
Silvia Cifre, directora de BASF Agro en España, afirma: «A través de Técnicos Online queremos aproveitar a oportunidade que nos brindan as novas tecnoloxías e poñer a disposición de técnicos e agricultores todo o coñecemento dos nosos expertos, para que teñan con eles unha relación directa onde poidan facer preguntas e achar respostas».