Page 48 - 147_interactivo.pdf
P. 48
48 novas
O proxecto europeo Life Regenera Limia: «Depurar para recuperar – Cara a un sector agrogandeiro sostible» céntrase na comarca ourensá da Limia e está enfocado directa- mente á redución da presenza de nutrientes, fundamentalmente de orixe agrogandeira, nas masas de auga da comarca, en cola- boración cos sectores agrícola e gandeiro, xunto cos da industria extractiva de áridos e da función autodepurativa dos ecosistemas fluviais e zonas húmidas.
A información xerada polo proxecto pode consultarse na páxina web www.regenera- limia.org ou na canle de Youtube do mesmo: Regenera Limia CHMS.
Entre os documentos de interese atópanse o
Plan para a sustentabilidade e transferencia de resultados que analiza a viabilidade das actuacións para implemen- talas noutras zonas de España con similar problemática.Tamén se publicou un estudo de tratamento e aplicación de xurros, boas prácticas agrícolas e gandeiras, boas prácticas na recuperación de charcas xeradas pola extracción de áridos, restauración de ecosistemas fluviais etc.
Foi desenvolvido por: Grupo Coren, Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, Deputación Provincial de Ourense, Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico, Cooperativas Ourensanas, S.Coop.Galega e Ecola- gunas, e coordinado pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil e Naturgy, que cofinancia.
Dende o equipo que desenvolveu o proxecto afirman: «Consideramos que o coñecemento do desenvolvemento deste proxecto é unha experiencia moi interesante para todas aquelas empresas, organizacións ou administracións que desenvolvan ou desenvolverán proxectos similares».
Coren participa nun proxecto europeo para rexenerar A Limia
A atleta Ana Peleteiro, nova imaxe de CLUN
A atleta ribeirense Ana Peleteiro é plusmar- quista nacional na modalidade de triplo salto en todas as categorías de idade e quedou campioa de Europa en pista cuberta da súa especialidade en 2019, conseguindo un salto de 14,73 metros, un novo récord de España, absoluto.
Será imaxe de marca do leite Únicla ata 2021, segundo o acordo formalizado nun acto co director xeral e outros directivos de CLUN.
A cooperativa confía na deportista para
achegar os valores de Únicla á sociedade, mediante mensaxes en redes e tamén coa presenza da atleta en citas e eventos de referencia da marca, que traballa para a corresponsabilidade real no cooperativismo e no medio rural.
A identidade, a promoción de hábitos de vida saudable, a sustentabilidade e a igualdade de xénero serán os elos temáticos que fusionen o discurso de Ana Peleteiro coa esencia do leite Únicla. O obxectivo é o crece- mento conxunto de dúas marcas de vangarda comprometidas coa substitución xeracional, a sustentabilidade e o desenvolvemento integral de Galicia.