Page 49 - 147_interactivo.pdf
P. 49
49 novas
Aberto o prazo de inscrición á primeira convocatoria de consolidación de BFFood
A aceleradora do sector alimentario galego impulsada pola Xunta de Galicia e dinami- zada polo Clúster Alimentario de Galicia, BFFood, ten aberto o período de inscrición á súa primeira convocatoria de consolidación co obxectivo de dar apoio integral e espe- cializado na industria durante 12 meses aos proxectos que resulten seleccionados.
Este programa de consolidación de BFFood
está enfocado a empresas xa constituídas,
con menos de seis anos de antigüidade,
cun produto ou servizo definido e primeiras
vendas xa realizadas, e aliñadas con algún
dos retos que busca resolver o sector da alimentación e as bebidas.
As inscricións dos proxectos faranse a través da web bffood.gal. Os seleccionados poderán contar co apoio e mento- rización dalgunhas empresas tratoras do sector como Martín Códax, Cafés Candelas, Calvo, CAPSA FOOD (Larsa), Clavo Food Factory, Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN).
Con motivo da alerta sanitaria causada pola COVID-19, o período de inscrición non ten data definitiva de peche. Decidirase unha vez que finalice o estado de alarma decretado polo Goberno.
Mulleres de Seu galardoada coa Medalla Emilia Pardo Bazán
«Mulleres de seu», o grupo de Clun para o apodera- mento feminino no rural recibía a Medalla Emilio Pardo Bazán, de mans do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo no mes de decembro na Coruña.
A Xunta crea este
galardón co fin reco-
ñecer accións relevantes
en favor da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Leva o nome desta escritora galega por ter sido unha “precursora” nas ideas sobre os dereitos das mulleres e do feminismo e por reivindicar a educación das mulleres como algo fundamental.
Emilia Pardo Bazán (A Coruña, 1891-1921) está consi- derada como a mellor novelista española do século XIX. Escribiu novelas tan coñecidas como Los Pazos
de Ulloa o La Tribuna, entre outras, pero tamén publicou ensaios, críticas literarias ou estudos sobre a actualidade política e social da época.
Toda a súa vida defendeu os dereitos das mulleres. Non puido realizar estudos universitarios por non estar permitido ás mulleres e, aínda con
esas, foi nomeada catedrática pola Universidade Central de Madrid a pesar de que alumnos e profe- sores a boicotearan por negarse a asistir a unha clase impartida por una muller.
Nunca chegou a ser parte da Real Academia Espa- ñola —rexeitaron por tres veces a súa candidatura— pero foi a primeira presidenta da sección de Litera- tura do Ateneo de Madrid e conselleira de Instrución Pública por nomeamento directo de Alfonso XIII.
No 147 Marzo 2020