Page 45 - 147_interactivo.pdf
P. 45

45 cooperatic
Como atopar un móbil Android perdido... con Google
Antes de nada, dúas advertencias: é imprescindible ter unha conta de Gmail asociada ao teléfono e o método pode fallar, mesmo se o teléfono cumpre os requisitos para ser localizado:
1o - Estar acendido e conectado á Internet.
2o - Ter activada a opción Encontrar mi dispositivo 3o - Ter activada a Ubicación
Como se fai?
No móbil, para activar Encontrar mi dispositivo imos a Ajustes> Cuentas> Google> Seguridad e activamos a opción de Encontrar mi dispositivo.
Se, coma no exemplo, temos a Ubicación desactivada, podemos activala premendo aí e seguindo as instru- cións ou, xeralmente, dende Ajustes> Privacidad.
Chegados a este punto, un teléfono que estea conec- tado a Internet -por wifi ou datos- pode ser rastrexado. Como?
Dende un PC entra en Gmail. Preme o icono do perfil e selecciona Gestionar tu cuenta de Google.
En Seguridad > Tus dispositivos deberían estar os aparellos asociados á conta de Google, entre eles o móbil. Prememos Buscar un dispositivo perdido e, na nova pantalla, o teléfono
que buscamos.
Tras teclear o contrasinal de Gmail para confirmar identidade, podemos premer Localizar. Tamén podemos facer soar o teléfono 5 minutos, aínda que estea silenciado, se sospeitamos que está preto (gasta batería).
Podemos ver no mapa onde e a que hora estivo o móbil localizado.
          No 147 Marzo 2020




















































































   43   44   45   46   47