Page 43 - 147_interactivo.pdf
P. 43
43 mundo cooperativo
Búscase completar naturalmente, coas propie- dades do leite, as necesidades de fabricación dos xeados, reducindo nata e leite en po.
Bico de Xeado
É a marca estrela da cooperativa. Esta empresa nace a raíz de ver como o proxecto de implantar expendedoras de leite fresco non acada o éxito esperado. En lugar de insistir, a cooperativa opta por dar un xiro cara a aproveitar a calidade do seu principal activo, o leite, nun produto elabo- rado: o xeado.
Así nace Bico de Xeado, antes tamén chamado Granxa O Cancelo. Este alimento fabrícase co leite propio e froita fresca, primando, a calidade en primeiro lugar, e a proximidade (sempre que sexa posible).
Os xeados seguen un sistema de produción artesanal que precisa dunha alta carga de man de obra. A totalidade da produción realízase na nave de Mabegondo (A Coruña), centro estru- tural dende onde se controla todo.
Para Otero, a profesionalidade do persoal e, por tanto, a formación son imprescindibles, así como manter un ambiente laboral favorable. Amósase partidario de que exista a competencia con outras marcas, o que considera un estímulo.
Bico de Xeado ofrece 26 sabores (o de chocolate é o preferido polos consumidores) aínda que cara á tempada de primavera-verán están a traballar en sabores novos como chocolate negro e avelá, sen azucre engadido, así como comercializar varios sabores sen lactosa.
Otero amósase moi satisfeito coa evolución que están a ter: «En 2019 vendemos 380.000 litros de xeado coa nosa marca. Para 2020 estimabamos chegar aos 500.000 litros aínda que agora, polo coronavirus, xa non o teño tan claro».
Están preparando 3 novas aperturas de tendas para 2020, unha delas en Madrid, e por suposto, como é norma, todas situadas nas rúas máis emblemáticas e comerciais de cada cidade.
Responsabilidade Social
No total das tendas empréganse culleriñas compostables, envases reciclables, sen plástico e panos de papel reciclable.
A Granxa Esperanza conta coa máxima eficiencia enerxética: Iluminación con led, variadores de frecuencia, recuperadores de calor, e incluso solicitaron aprobación para incorporar placas solares.
Cadro persoal: non se discrimina, condicións respectuosas de traballo, salarios por convenio.
A clave do éxito tena moi clara Otero: «Resúmese en que o importante son as persoas; é o equipo o que fai o proxecto».
CAP Cadro de persoal
2009: 5 profesionais
2019: 50 profesionais (69% mulleres e 65% con
contrato fixo)
Facturación 2009: 100.000 euros
2019: 8.400.000 euros
Bico de Xeado
11 tendas propias: Galicia, Salamanca, Madrid, Asturias, Cantabria
En 2019:
• 380.000 litros de xeado vendido.
• 3.700.000€ de facturación (incremento dun 43% no último ano)
• Supón o 43,8% da facturación total da cooperativa.
Destino da produción:
• 61% xeaderías propias
• 12,5 restauración
• 26,5 xeaderías colaboradoras
Praza Maior, Salamanca
No 147 Marzo 2020