Page 44 - 147_interactivo.pdf
P. 44
44
mundo cooperativo
Coidarse almorzando e cooperar xogando
AGACA estrea a campaña «Almorzos Coopera- tivos» dirixida a fomentar a alimentación sa e o concepto do cooperativismo entre o alumnado de Primaria.
Preto de 450 estudantes de terceiro e cuarto de primaria de once colexios galegos participaron xa na actividade organizada por AGACA no marco da Rede Eusumo nestes primeiros meses do ano.
«Almorzos Cooperativos» ten dous obxectivos: promover a alimentación sa para manter a boa saúde e salientar o rol das cooperativas na produción de alimentos.
Durante os obradoiros, a nutricionista María Fernández explica ao alumnado as propiedades de diversos alimentos e como combinalos para realizar uns almorzos equilibrados. Despois da teoría, nenos e nenas degustan un almorzo con froita, pan con aceite de oliva e leite.
O concepto de cooperativismo explícase mediante tres xogos deseñados para promover a axuda e a colaboración entre participantes. Un deles consiste en conseguir desenredar unha cadea humana, outro é unha variante do «xogo das cadeiras» na que o fin é conseguir que ninguén quede de pé. O terceiro consiste en
axudarse mutuamente para conseguir que entren nun aro o maior número de persoas posible.
Para reforzar o aprendido repártese material didáctico: un cómic centrado na produción alimentaria e o papel que desenvolven aquí as cooperativas e outro, orientado a almorzos sans.
Microrrelatos
Por outra parte, AGACA e Rede Eusumo poñen en marcha un concurso de microrrelatos dirixido a escolares de segundo ciclo de primaria co obxectivo de fomentar a escritura e impulsar o interese polo cooperativismo e pola produción de alimentos, a agricultura e o medio rural. Os centros educativos públicos de Galicia intere- sados en participar poden consultar as bases en www.agaca.coop ou chamando ao 981 584 783.
Rede Eusumo
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2019-2020 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.
O primeiro Almorzo Cooperativo foi en xaneiro no CEIP Pío XII (Santiago)
Covadonga Toca, secretaria Xeral de Emprego, e José Montes, presidente de AGACA, no CEIP Felipe de Castro (Noia)