Page 42 - 147_interactivo.pdf
P. 42
42
mundo cooperativo
«Fracasar coas dispensadoras de leite fresco foi un grande éxito para a cooperativa»
Suso Otero, xerente de CAP
A primeira vista pode parecer unha contra- dición pero o xerente de Cooperativa Agraria Provincial de A Coruña (CAP), Suso Otero, teno clarísimo: «Antes de deixar o negocio das expendedoras de leite fresco porque non estabamos obtendo os resul- tados esperados, sopesamos se insistir coa actividade adoptando estratexias diferentes pero decidimos consideralo un fracaso e xa comenzamos a deseñar un proxecto novo, máis arriscado, que si resultou un grande éxito: Bico de Xeado, a nosa marca de xeados artesanais»
Comencemos polo principio: CAP cumpre, en 2020, 40 anos de actividade. Falamos con Suso Otero, o seu xerente para que nos relate a traxec- toria e as claves que levaron a esta cooperativa de segundo grao a crecer e obter números posi- tivos ano tras ano.
«Cando eu empecei, en 2009, a cooperativa ofrecía un Servizo de substitución que agora xa non existe, e un Servizo de Asesoramento técni- co-económico e de xestión de explotacións, no
que eu me integrei e que aínda hoxe é un refe- rente, constituído por moi bos profesionais». Preci- samente, co fin de exemplificar a eficiencia deste Servizo ponse en marcha «Granxa O Cancelo».
Granxa O Cancelo
«Nace coa intención de amosar e dotar dunha boa reputación o Servizo de Asesoramento da cooperativa», indica Otero. En Miño (A Coruña), habilítase esta granxa para mostrar, dun xeito práctico, a eficacia produtiva dos sistemas de manexo empregados, das técnicas de cultivo, da formación do persoal técnico (tamén imparten formación), do benestar gandeiro ou da posta en marcha de novas liñas de negocio, entre outros aspectos.
Granxa O Cancelo» comeza a producir en 2010. Actualmente conta con 80 cabezas de gando, un 85%, frisonas e un 15%, Jersey. Produce unha media de 1.000.000 de litros ao ano cunhas concentracións de graxa do 3,20% e de proteína do 3,60%.
Granxa Esperanza
En outubro de 2019 ponse en marcha esta nova granxa, situada no municipio coruñés de San Sadurniño. Cambia o modelo produtivo, tense en conta a xenética, búscase producir un leite con moitos sólidos, pásase de tres a dúas muxiduras e increméntase a calidade. Conta con arredor de 440 cabezas de gando (incluíndo recría), das que 270 están en muxidura, aínda que se alcan- zarán ás 330 ou 340.
A produción de leite estimada para 2020 é duns 2.300.000 litros. As concentracións de graxa e proteínas están no 5,85% e no 4,40% respectiva- mente.
Parte do equipo de Bico de Xeado nas oficinas de Bergondo
Equipo técnico en Granxa O Cancelo
Gando na granxa Esperanza, en San Sadurniño