Page 40 - 147_interactivo.pdf
P. 40

40
mundo cooperativo
   ESTRUTURA EXPLOTACIÓNS
A microparcelación e o minifundismo carac- terísticos de Galicia, unidos á abundacia de explotacións pequenas, ás caídas no número de explotacións e, incluso, ao descenso da superficie agraria útil (SAU) dificultan o acceso á terra.
Para que agricultores e gandeiros teñan futuro é preciso contar con explotacións viables, con suficiente superficie agraria, por iso, cómpre que as administracións articulen os mecanismos que mobilicen as terras baldeiras e que dinamicen a compra, permuta ou arrendamento destas.
PROPOSTAS DE CARÁCTER SECTORIAL
GANDERÍA
A cabana gandeira de Galicia é recoñecida polo alto nivel de calidade dos alimentos resultantes. Máis do 60% da produción final, a nivel do Estado, relaciónase coa gandería, onde xa só o sector lácteo galego supón o 40% da produción total.
Consideramos que Galicia debe ser pioneira na diferenciación e certificación no mercado, das nosas producións gandeiras. Dende AGACA impulsamos a certificación de Benestar Animal nas diferentes producións gandeiras; de feito, estamos promovendo varias certificacións, pero é preciso que a Consellería nos apoie para defender á gandería das noticias falsas que provocan unha mala imaxe social, xeradas por determinados colectivos.
Interésanos que se impulsen os Servizos de Acon- sellamento ás Explotacións Gandeiras porque perseguimos ter explotacións sustentables.
VACÚN DE LEITE
Pensamos que é importante seguir desenvolvendo o «Acordo para a estabilidade e sustentabilidade da cadea de valor« deste subsector asinada en Madrid en setembro de 2015 e adaptar a norma- tiva do «Paquete Lácteo» para regular a volatli- dade e os abusos comerciais duns operadores sobre outros, xerando confrontación sectorial entre gandeiros, cooperativa e gran distribución e bloqueando as relacións profesionais no sector.
Urxe modificar o novo Real Decreto do Paquete Lácteo para reducir o volume de leite necesario para constituír unha Organización de Produtores (OP) a 40.000 t e para que contemple apoios xurídicos claros a favor de OP de carácter econó- mico e fixe un control dos primeiros compradores lácteos para evitar abusos dos mesmos.
O sector lácteo galego debe procurar a recu- peración do liderado estatal; as cooperativas teñen unha alta participación no sector e están dispostas a colaborar neste senso.
VACÚN DE CARNE
Galicia produce o 16% do vacún de carne do Estado. Moitos gandeiros que deixan o leite son potenciais produtores de vacún de carne; as cooperativas deberían potenciar a súa incorpo-
 


















































































   38   39   40   41   42