Page 38 - 147_interactivo.pdf
P. 38
38
mundo cooperativo
AOS NOSOS POLÍTICOS...
Aínda que, de momento, as eleccións están suspendidas queremos que os políticos que nos representan estean ben informados da situación do sector agrogandeiro e cooperativo galego; que coñezan a nosa realidade, as necesidades, fortalezas ou tendencias cara ás que nos diriximos. É o modo en que despois, cando se retomen, poderán defender as posturas máis convenientes para manter un sector imprescindible, competitivo, respectuoso co medio ambiente e coa seguridade; que vai en paralelo ou por diante das demandas dos consu- midores; que promove a estabilidade laboral, o desenvolvemento do rural e que defende o respecto a valores como a cooperación, o compromiso, a autonomía, a xestión democrática, ou a participación económica na empresa, entre outros.
Con este obxectivo, dende AGACA, antes de vernos inmersos na rede do coronavirus, fixemos chegar aos principais partidos políticos un extenso documento explicativo e informativo do que aquí expoñemos un pequeno extracto, xa que é demasiado amplo para incluílo na súa totalidade.
PAC 2021-2027
A PAC debe dotarse dun orzamento axeitado para cumprir os obxectivos. Cómpren medidas concretas e axudas específicas de apoio ao papel das cooperativas e dos grupos coopera- tivos: a modulación e limitación das axudas non debe afectar en negativo ás cooperativas de explotación comunitaria da terra. Hai que revisar a normativa europea da competencia para que se creen mecanismos de mercados anticipadores.
A PAC verde debe contemplar a viabilidade da actividade agrogandeira e reforzar o acceso á
innovación dos gandeiros e agricultores; medidas audaces para incentivar á mocidade a integrarse en cooperativas; asesoramento aos produtores previo recoñecemento da prestación do servizo por parte das cooperativas.
Non hai ferramentas de xestión de mercados, o sector segue exposto e sabemos que desman- telar a PAC tería consecuencias imprevisibles.
PROGRAMA DESENVOLVEMENTO RURAL
É fundamental axilizar a resolución dos expe- dientes de axuda e normalizar as convocatorias anuais de axudas ás industrias agroalimentarias para investir en equipamento e maquinaria.
Cómpre manter e impulsar o sistema de Asesora- mento a explotacións e manter e apoiar econo- micamente ás Agrupacións de Defensa Sanitaria Gandeira e ás Agrupacións de Sanidade Vexetal.