Page 36 - 147_interactivo.pdf
P. 36

36 tendencias
LeadFarm achega formación para a xuventude no agro
   O proxecto europeo LeadFarm,participado por AGACA, busca lograr un equilibrio xeracional e de xénero no sector agrario cooperativo fortalecendo, á par, as capaci- dades académicas de mozos e mozas.
Aínda que os traballos desenvolvidos polo proxecto LeadFarm remataron en 2019, os seus froitos aínda se poden aproveitar na actualidade. Un dos puntos fortes do proxecto —que se desen- volveu no marco do programa Erasmus+, con financiamento da Unión Europea— é a formación.
O consorcio de LeadFarm escoitou a opinión e propostas de mozos e mozas de cinco países sobre como atraer á xuventude cara ao agro
Ao longo de dous anos, o proxecto LeadFarm serviu como punto de encontro a mozos e mozas de cinco países de Europa que viven e traballan no medio rural, potenciando o establecemento dun diálogo que determinase a súas inque- danzas e necesidades.
Entre as áreas abarcadas atópase a necesidade de atraer xuventude cara á formación acadé- mica relacionada co sector agroalimentario e un dos xeitos nos que o proxecto achega máis valor é mediante a App Formación LeadFarm, que se atopa en https://leadfarm.eu/?lang=es na pestana "App Formación".
Aí atópanse cursos en formato PDF sobre dife- rentes áreas do cooperativismo e da xestión
dunha explotación, coma riscos empresariais, toma de decisións ou xestión financeira.
Ademais, no proxecto desenvolveuse LeadFarm Academy (https://academy.leadfarm.eu/), unha plataforma en liña con varios módulos formativos que abranguen dende formación para forma- dores ata valores e cultura cooperativa, pasando por márketing, manexo básico dunha explotación ou habilidades organizativas. Calquera persoa pode rexistrarse na plataforma e descargalos ou ben, traballar en liña.
Proxecto LeadFarm
Os obxectivos específicos do proxecto son conse- guir un cambio xeracional no agro, mediante a mellora dos coñecementos de mozos e mozas sobre as cooperativas, aumentando así o seu nivel de participación e compromiso. Ademais, o proxecto desenvolveu estratexias coas que forta- lecer as súas habilidades comerciais para opti- mizar as opcións de progresar profesionalmente na granxa familiar. Á par, LeadFarm promove o equilibrio de xéneros nas xuntas directivas das cooperativas.
En definitiva, o proxecto aspira a atraer xuventude cara ás áreas rurais que traballe de xeito profesio- nalizado no sector agroalimentario, ademais de evitar o despoboamento.
O consorcio LeadFarm está composto, xunto con AGACA, por ICOS (Sociedade Irlandesa de Organizacións Cooperativas, coordinadora do proxecto), por LLKC (consultora estatal partici- pada pola Federación Letona de Agricultores), por Changemaker AB (entidade sueca espe- cializada en formación empresarial) e Services Coop de France (unión de cooperativas agrarias especializada en asesoramento e formación).
    




















































































   34   35   36   37   38