Page 37 - 147_interactivo.pdf
P. 37

37 tendencias
  GIG ECOMY abordará os riscos da economía de traballo temporal
O proxecto Entrando na Economía Gig ten como obxectivo principal preparar ás persoas e ás comunidades para as oportunidades e ameazas deste tipo de economía,baseada en contratos de curta duración. En España, AGACA e o Concello de Vedra son as entidades participantes.
  «Gig». Probablemente teñas oído esta palabra en diferentes contextos: en orixe, gigging significaba actuación, na xerga musical. Hoxe, abarca moito máis: a «Economía Gig» representa un contorno onde os postos de traballo temporais son habi- tuais pois as organizacións recorren a persoal independente para contratos a curto prazo ou ben se moven en mercados baseados en ratings e sistemas de pago a través de aplicacións, coma o modelo Deliveroo ou Airbnb.
En outubro de 2019 organizacións de distintos países de Europa reuníronse en Carlingford, Irlanda, na sesión de posta en marcha deste proxecto que, ata febreiro de 2022, abordará oportunidades e riscos que se cernen sobre a emerxente «Economía Gig».
Liderado polo Consello do Condado de Meath (Irlanda), o proxecto facilitará o impulso do coñecemento sobre este modelo económico e compartirá, debaterá e desenvolverá métodos efectivos para abordalo.
Ademais de concienciar e poñer en contacto a stakeholders na materia (entidades formativas, Administracións Públicas e mercado laboral) mediante alianzas rexionais, os socios desenvol- verán e dirixirán un programa de formación profe- sional para a xuventude e os máis afectados pola «Economía Gig», de modo que estean preparados para entrar no mercado laboral e armados contra as posibles malas prácticas da «Economía Gig».
O proxecto remata en 2022. Desenvól- veno oito entidades de España, Irlanda, Italia e Países Baixos
Xunto cos stakeholders, o público obxectivo do proxecto son persoas demandantes de emprego e/ou aspirantes a iniciarse no mercado laboral, especialmente se están en risco de exclusión, independente do seu nivel formativo.
«O «traballo Gig» pode ser a tempo completo ou parcial, mesmo un proxecto puntual. Hai «Gigs» nos máis altos niveis profesionais e entre os que buscan unha alternativa a cambio do salario mínimo. O factor clave é que os traballadores non son empregados por conta allea, senón prove- dores independentes. Cada vez máis persoas están dentro da «Economía Gig», creando un enorme mercado para millóns de persoas», expresou Conor Patterson, director de WIN Consul- ting, partner do proxecto.
Joe English, do Consello do Condado de Meath, engade: «Pero, á vez, sorprendentemente, coñé- cense moi pouco as realidades do ‘traballo Gig’: trátase dunha nova forma de traballo por conta propia ou dunha nova forma de explotación? Existe unha crecente necesidade de reflexionar sobre como a sociedade debe enfocar estes cambios dunha maneira que protexa e eduque á xuventude».
‘Entrando na Economía Gig’ enmárcase no programa da Unión Europea, ERASMUS+, de apoio á educación, formación, xuventude e deporte. Ademais das entidades mencionadas, tamén forman parte do proxecto: a universidade VET Friesland College e a Fundación Learning Hub Friesland, dos Países Baixos, e a Municipalidade de Capannori e a axencia formativa Formetica, de Italia.
 No 147 Marzo 2020






















































































   35   36   37   38   39