Page 35 - 147_interactivo.pdf
P. 35
35 tendencias
UCOGA recibe o certificado de Excelencia Empresarial 2019 de Plimsoll
Parte do equipo técnico e directivo de UCOGA
A corretoría de seguros especializada no agro, UCOGA, vén de recibir o Certificado de Excelencia Empresarial que outorga Plimsoll, especialistas en análise sectorial.
Plimsoll é unha entidade especializada en análise financeiro e de mercado con máis de 30 anos de traxectoria internacional que ten por misión proporcionar ás empresas a máxima información posible acerca do rendemento financeiro das empresas do seu sector.
No estudo emitido en 2019, UCOGA aparece clasificada no posto 112 entre as 2000 empresas máis grandes do sector da corretaxe de seguros en España. En mellor posición figura en termos de crecemento da facturación, pois escala ata o lugar número 107 da lista.
Por iso, dende Plimsoll, e «como recoñecemento ao seu notable labor e rendemento», outorgaron a UCOGA un Certificado Plimsoll de Excelencia Empresarial 2019.
UCOGA é a 112 maior corretoría de seguros de España
Iván Novo, director xeral de UCOGA, valorou o recoñecemento: «É para nos unha satisfacción máis ao traballo ben feito por todo o equipo que nos certifiquen coa súa máis alta distinción. Máis, se cabe, ao saber que todo vén despois de analizar non só as nosas contas dos últimos anos senón tamén as de todos os nosos competidores».
Os estudos sectoriais Plimsoll elabóranse mediante unha grella estandarizada que aplica a todas as empresas, onde se pode apreciar a súa evolución en comparación coa media do sector – no caso de UCOGA, os seguros – nos últimos 4 anos. Así, é posible identificar puntos fortes, débiles, obxec- tivos de adquisición, clasificación por rexión, entre outros parámetros.
O informe actual indica que existen 1424 empresas en situación sólida (entre as que se contaría UCOGA), fronte a 148 en situación cualificada como boa e 608 entre as situacións mediocre, precaución e en perigo.
UCOGA
UCOGA naceu no ano 2013 como consecuencia da inquedanza dunha serie de empresas agroali- mentarias por cubrir as súas necesidades asegu- radoras cun servizo profesional de calidade e a prezos competitivos. Para iso, traballa con máis de 30 empresas aseguradoras mediante unha rede comercial e de oficinas en Compostela, Santa Comba e Sarria.
Na actualidade xestiona máis de 15 millóns de euros en primas, con máis de 9.000 clientes a través de 21.000 pólizas; no último ano atendeu máis de 17.000 sinistros.
No 147 Marzo 2020