Page 41 - 147_interactivo.pdf
P. 41
41 mundo cooperativo
SUBMINISTRACIÓNS E SERVIZOS
O peso dos inputs e dos servizos no resultado económico das explotacións aumenta día a día. O feito de que existan cooperativas fortes nestas áreas garante un mercado transparente, estable e competitivo. Un exemplo do contrario é a escasa presenza cooperativa no sector dos carburantes en favor dos oligopolios, o que xera que os carburantes estean máis caros que noutras autonomías.
Hai que combater as irregularidades fiscais e as fraudes en calidades e cantidades; cómpre que as Administracións impulsen programas de apoio na posta en marcha de subministracións de inputs de calidade e de seguridade para as persoas socias,parques de maquinaria en común, asistencia técnico-económica e medioambiental ás explotacións, formación ou servizos de substitu- ción en explotacións, entre outros.
O documento contempla tamén propostas de cuestións horizontais coma medio ambiente, benestar e cambio climático, seguridade alimen- taria, calidade e consumo, seguros agrarios, formación, lexislación e movemento cooperativo, actualización da normativa reguladora das Sociedades Agrarias de Transformación (SAT), fiscalidade agraria, réxime autónomos da seguri- dade social e axudas a cooperativas.
ración a estas entidades, xa que é interesante agrupar ás cooperativas, despois, en proxectos industriais transformadores.
GANDERÍA INTENSIVA
A escaseza de superficie agraria útil que temos en Galicia dificulta a diversificación produtiva; así, é imprescindible que as Administracións apoien á gandería intensiva como xeradora de riqueza en comarcas de recursos agrarios limitados.
Debemos adaptar os Plans de Mellora ás circuns- tancias de cada unha das producións.
VIÑO
Os viños galegos precisan apoio para potenciar a súa presenza en novos mercados nacionais e, sobre todo, internacionais.Tamén debe contem- plar o reforzo da imaxe das Denominacións de Orixe cun paraugas conxunto baixo a imaxe de Galicia.
Como entidades estabilizadoras do mercado nas actuais denominacións de orixe, impulsoras e asinantes dos contratos homologados que procuran equilibrio e mantemento das comarcas produtoras, as cooperativas de viño que comer- cializan marcas propias son un modelo de empresa que apenas se ve no resto de España.
Urxe traballar no Proxecto de Real Decreto para que se adapte á realidade galega e permita que pequenos produtores a tempo parcial teñan acceso á Autorización de Plantacións e que as bodegas cooperativas poidan realizar Planta- cións Comunitarias ou Conxuntas.
HORTA, FLOR, MEL
Sendo un sector alternativo e/ou complementario ás pequenas e medianas explotacións agrarias que abandonan as producións gandeiras, consi- deramos fundamental apoiar a incorporación de persoas desempregadas ou interesadas na produción de horta, flor e mel como socias de cooperativas.
Logrando que a comercialización íntegra de produtos de horta galegos cumpra todas as garantías hixiénicas e sanitarias, interesa poñer en marcha axudas para a constitución de Polígonos Agrarios cun mínimo de 4.000 m2 de terra ao aire libre e outros tantos a cuberto, por agricultor ou agricultora.
No 147 Marzo 2020