Page 30 - Demo
P. 30

30
caderno técnico
Un plan forestal para Galicia
Jacobo Feijoo
Secretario Xeral de ASEFOGA
O sector Forestal galego está en pleno proceso de revisión do seu Plan Forestal. Este proceso tivo unha primeira parte de elaboración, onde a participación pública foi moi elevada, constituíndose en 2015 un Grupo de Traballo, composto por axentes sectoriais e sociais, que elaboraron unhas directrices para a revi- sión do Plan, que tiveron entón un amplo consenso.
Posteriormente, estas directrices pasaron a un equi- po técnico redactor do Plan, liderado pola empre- sa pública TRAGSATEC, que fixo un borrador que é o que está actualmente en trámite de consultas. Este borrador non está exento de críticas por parte dun gran número de axentes sectoriais, xa que conside- ran que na elaboración do mesmo non se deu a oportunidade ao Grupo de Traballo de participar e
facer seguimento coa mesma intensidade que na elaboración das directrices, e asemade consideran que non todas estas directrices e recomendacións foron tidas en conta.
O borrador considera que só deben reforestar- se 150.000 ha das 600.000 ha e que hai que limitar a expansión do eucalipto. A principal oportunidade fíxase no aumento da produción de madeira sen incrementar a superficie forestada
En todo caso, neste borrador a Xunta establece un modelo de monte para os próximos 20 anos, cuxas principais liñas serían:
• Considérase que non se debe reforestar moito máis monte do actualmente existente, só unas 150.000 ha das 600.000 actualmente baldías. E que estes espa- zos abertos teñen que ter unha función medioam- biental nuns casos, e noutros, produtiva e vencellada á gandería extensiva.
• Considérase que hai que poñer un límite á expan- sión do eucalipto, pero sen fixar ningunha fórmula concreta. Así se establece que se poderán plantar unhas 40.000 ha adicionais de Eucalyptus nitens nos próximos 20 anos, pero sen concretar onde nin baixo que condicións.
• A principal oportunidade para o sector forestal ga- lego fíxase neste borrador, no aumento da produción de madeira sen incrementar a superficie forestada. Actualmente córtase un 57% do crecemento anual da madeira que medra en Galicia, cando en Portu- gal, por exemplo, se corta de forma sostible o 82% deste crecemento. Galicia podería pasar así de cor- tar 8.000.000 toneladas actuais a 12.000.000, en 20 anos.
Porén, o Plan Forestal deixa moitas incógnitas. Unha é como se vai articular esta ordenación e modelo de monte nun espazo forestal como o galego onde o 97% da propiedade forestal é privada; cal vai ser o alcance dos Plans de Ordenación dos Recursos Fo- restais (PORF) que se farán a nivel de cada un dos XIX Distritos Forestais da Xunta, e como se van repartir as limitacións que establece o Plan a nivel de cada Distrito. Nada disto aparece concretado.
Tampouco está moi claro que pasará cos montes ve- ciñais en man común, a metade deles actualmen- te xestionados pola Administración baixo réxime de consorcios ou convenios que terán que finalizar por Lei, como máximo, en 2021, sen que estea claro o modelo de xestión que se aplicará a partir de entón.
  



















































































   28   29   30   31   32