Page 29 - Demo
P. 29

     “Imaxinen vostedes que os convidan a unha viaxe en coche e non lles din de onde van saír, nin onde van, non lles dan un mapa,
nin saben a gasolina que teñen no depósito.
Subirían a ese coche, se para contentalos só lles deixaran escoller a música da radio?”
Imaxinen vostedes que os convidan a unha viaxe en coche e non lles din de onde van saír, nin onde van, non lles dan un mapa, nin saben a gasolina que te- ñen no depósito. Subirían a ese coche, aínda que para contentalos só lles deixaran escoller a música da radio? Non é estraño que toda a cadea renuncie a subir a esta proposta de Plan Forestal.
A falta de conexión coa realidade maniféstase nal- gúns indicadores que contemplan o número de leis que se publiquen ao longo da súa vixencia. Debe- mos considerar cumprido o obxectivo cantas máis leis lle apliquemos o recurso forestal?
“Non vemos ningún indicador que reflicta unha análise de mercado que contemple as tendencias actuais e potenciais e como lle dará resposta a estas necesidades a nosa planificación forestal”
Non vemos ningún indicador que reflicta unha aná- lise de mercado que contemple as tendencias ac- tuais e potenciais de mercado e como dará resposta a estas necesidades a nosa planificación forestal.
Imaxinan que un reitor da Universidade dixera que o seu Plan para os próximos anos consiste en formar profesionais que non foran demandados polo mer- cado, abocándoos ao paro e a marxinación?
O monte, ao igual que a Universidade, debe formar profesionais útiles para a sociedade, sexan contrata-
29
caderno técnico
dos polas empresas ou pola administración pública, pero sempre aproximando valor que a sociedade re- coñeza e valore porque dá por ben empregados os seus impostos e o custo que paga por eles.
Os últimos meses, a cadea de valor da madeira deu un salto xigante. Entendeu que o ben común a me- dio prazo enriquece a todos e o máis importante: fai- nos cidadáns responsables, obríganos a coidar os valores e forxa o sentimento de pertenza. Quizais por iso, cando escoitaba un vello intelectual galego na- rrar o proceso seguido pola cadea de valor da ma- deira, sentenciou: “Estou a escoitar á nova GALICIA”.
Dunha visión a curto prazo e remendada, debemos pasar aos ideais, a un obxectivo máis elevado para o noso rural e para toda Galicia.
“Debemos traballar conxuntamente para conseguir un Plan Forestal que aproveite a in- telixencia colectiva da cadea e dos expertos que estes días comparecen no Parlamento”
Fagamos que o auténtico Plan axude a construír un rural renovado e puxante que permita que os seus habitantes se gañen a vida dignamente invertendo o proceso de abandono.
Debemos traballar conxuntamente para conseguir un Plan Forestal que aproveite a intelixencia colecti- va da cadea e dos expertos que estes días compa- recen no Parlamento. Esta debe ser a fórmula que axude a construír esa nova visión de Galicia a través da investigación, a xeración de valor e a bioecono- mía, pois como fan os escandinavos, de igual modo podemos facer nós.
A cadea de valor da madeira está a dar un exemplo aos seus gobernantes.Abandonou as súas posicións particulares en aras do ben común e, polo camiño, atopou os valores e o factor exemplar sobre o que se constrúe unha sociedade.
Ese espírito debe contaxiarse a todos os que aman de verdade a GALICIA, esa amplitude de miras é a argamasa sobre a que se eleva o desenvolvemento dos pobos.
Escoito emocionado a un veterano da cadea dicir: “Cando falo con científicos e funcionarios da Admi- nistración, cando expoño o noso propósito a profe- sionais que xa teñen a súa vida resolta, ofrécense a traballar de forma altruísta por ese ideal”.
Quédame pouco para xubilarme e pregúntome: que podería facer eu pola cadea, polo rural e por GALICIA?
  No137 - Marzo 2018
 












































































   27   28   29   30   31