Page 27 - Demo
P. 27
IV.3.- Programa de educación, formación e capaci- tación forestal.
IV.4.- Promoción da investigación, innovación, desen- volvemento tecnolóxico e emprendemento forestal en materia de produción forestal primaria.
Eixe V. Desenvolvemento do modelo de goberno de referencia do monte galego
V.1.- Iniciativas lexislativas e desenvolvemento nor- mativo en materia forestal.
V.2.- Desenvolvemento territorial da planificación, or- denación e certificación forestal.
27
caderno técnico
V.3.- Administración, xestión pública e extensión fo- restal: organización e coordinación administrativa, institucional e sectorial.
O borrador da 1a Revisión do PFG dálle unha vixencia de 20 anos para a súa execución. O financiamento para o primeiro quinquenio conta cos investimentos propios da Dirección Xeral de Ordenación Forestal e cos fondos europeos do PDR (2014/20 máis dous de execución).
Para 2018, parte dun orzamento de 112 millóns de euros totalizando no primeiro quinquenio, 573 mi- llóns. A revisión do Plan remata sinalando a meto- doloxía do seguimento e avaliación do seu grao de cumprimento.
Unha serie de indicadores baseados nunha serie de estudos, normas, códigos, rexistros e inventarios indi- can que para a súa execución habería que duplicar os funcionarios/as da administración forestal.
Antonio Oca Fernández
Axente de Extensión Agraria
Os datos do 4o inventario teñen unha antigüidade de 10 anos, non recollen o estado actual do monte
No137 - Marzo 2018