Page 26 - Demo
P. 26

26
caderno técnico
A superficie de carballeiras incrementarase en 34.000 ha e os soutos de castiñeiros en 20.000 ha. As masas mixtas de bidueiros tratarán de ordenarse mediante tratamentos silvícolas. Esta proxección su- poría un aumento de 75.000 ha de monte arborado totalizando: 1.061.000 ha (69%) e 472.590 (31%) de produción sustentable con alto valor ambiental.
Eixes estratéxicos e medidas de intervención
Eixe I. Contribución do monte galego á conservación da natureza e á presta- ción doutros servizos ambientais
I. 1.- Medidas, accións e directrices para a conserva- ción e mellora da biodiversidade e a multifuncionali- dade dos montes como hábitats forestais.
I.2.- Contribución do monte e do sector forestal gale- go á mitigación do cambio climático e ao desenvol- vemento de enerxías renovables.
I.3.- Estratexia galega para a conservación e mellora dos recursos xenéticos forestais.
Eixe II. Protección, saúde, seguridade e defensa do monte ante riscos naturais e ambientais
II.1.- Estratexia de protección contra riscos erosivos e hidrolóxicos. Restauración e mellora de áreas quei- madas ou degradadas.
II.2.- Estratexia galega de sanidade forestal.
II.3.- Plan estratéxico para a prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia.
Eixe III. Dinamización socioeconómica sustentable do monte e a propiedade forestal galega para a súa incorpora- ción á economía verde
III.1.- Promoción e desenvolvemento dunha cultura forestal asociativa para optimizar a xestión, a produ- tividade do monte e a comercialización de produtos forestais.
III.2.- Plan de mobilización de terras e recursos fores- tais. Posta en valor do monte. Concentración e dina- mización da propiedade forestal.
Eixe IV.Mellora do acceso á información e divulgación do coñecemento do mon- te e da cultura forestal
IV.1.- Información e estatísticas forestais.
IV.2.- Estratexia galega de información e comunica- ción da cultura forestal.
  Foto: José Javier Santiago Freijanes, USC
















































































   24   25   26   27   28