Page 28 - Demo
P. 28

28
caderno técnico
Un fito histórico da cadea da madeira
José Manuel Iglesias, presidente do Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia
Dende toda a cadea de valor da madeira temos expresado en diversas ocasións e dende hai moitos meses a necesidade de actualizar o Plan Forestal de Galicia. E facémolo porque estamos convencidos diso. Necesitamos un plan capaz de xerar os maio- res valores para a sociedade galega, os seus propie- tarios forestais, as súas empresas e a súa industria. Unha revisión do Plan que sexa capaz de aproveitar as oportunidades dos próximos anos e responder efi- cazmente aos retos e problemas que presenta.
Convencidos diso, conseguimos poñernos de acor- do toda a cadea, e traballar conxuntamente cun- ha moi intensa axenda de traballo durante o último ano, cun enorme compromiso dos representantes de todas as asociacións relevantes do sector. Estamos todos, o que é algo completamente novidoso e de gran valor, froito de moito esforzo, de moita metodo- loxía e, sobre todo, de compartir unha visión común acerca da importancia do sector e das grandes oportunidades e o valor que representa para Galicia.
Incluso, comezamos a traballar tamén coa socieda- de civil en buscar unha tese universal de consenso, uns principios fundamentais nos que todos esteamos de acordo, que sirvan para fundamentar o desenvol- vemento do sector forestal cara ao futuro. Detrás diso, hai un traballo inxente de entidades certificadoras, grupos de desenvolvemento rural, grupos ecoloxis- tas, partidos, Escola Galega da Paisaxe, fundacións e sindicatos cos que era forzoso establecer un diálogo profundo, que está a ser enriquecedor para todos os que temos o pracer e a honra de participar.
E puxémonos a disposición da Xunta de Galicia para compartir co noso goberno, non só as conclusións, senón tamén a participación no propio proceso, na construción deses consensos que deben estar ao servizo da sociedade que demanda bens e servizos, non só de mercado, senón tamén ambientais, de le- cer... Un esforzo que foi valorado moi positivamente incluso fóra dos límites de Galicia e de España e se cualificou de exemplar e replicable.
Ademais, sempre estivemos a disposición da Xunta para traballar conxuntamente na elaboración do Plan Forestal de Galicia. Polo contrario, atopámonos cun borrador de documento xa elaborado, no que se nos pide que fagamos achegas.
Con ánimo construtivo, a cadea analizou o borrador do Plan, elaborado externamente sen a participa- ción activa do sector e atopámonos cun documento que carece dos principais elementos de análise que debería conter.
En primeiro lugar, o Plan que se nos presenta non está aliñado cunha estratexia forestal para Galicia que permita aproveitar as oportunidades que o sec- tor forestal representa, nin é realizable: non contem- pla a sustentabilidade económica necesaria para que o monte non se abandone e termine ardendo.
Cómpre destacar a falta de consideración de moitos aspectos das directrices elaboradas, contendo me- didas a miúdo vagas e arbitrarias, sen orzamento e financiamento, e establecendo un seguimento o su- ficientemente a longo prazo e con indicadores cuxo cumprimento non garanta en realidade que se aca- dara o obxectivo que se propón. Un seguimento e in- dicadores que garanten que se quedará no caixón.
En segundo lugar, este Plan non sabe de onde ven — non ten un inventario forestal actualizado—, nin sabe a onde vai —non ten un plan estratéxico—.Tampou- co ten un mapa, os datos que achega son simples hipóteses pero, o peor de todo: non implica á súa tripulación, aos que, en definitiva, deberían rexer os seus medios de vida polas coordenadas deste plan.
  





















































































   26   27   28   29   30