Page 31 - Demo
P. 31
Tamén é preciso dicir que, se ben é certo que neste borrador se aposta polas frondosas caducifolias, bó- tanse en falta medidas concretas, obxectivos e com- promisos para mellorar a súa silvicultura, e un plan específico de I+D para atoparlles novos usos indus- triais, e que así poidan ter un valor económico para o propietario, do que actualmente carecen.
Asemade, un Plan Estratéxico do Castiñeiro sería moi conveniente, polo peso específico desta especie no rural galego, polas súas posibilidades de cara ao fu- turo, e por ser Galicia unha rexión líder a nivel euro- peo para a produción de castaña.
En todo caso, o proceso continúa; non se pode dar por pechado.
Cómpre que a Xunta de Galicia escoite aos axen- tes sectoriais e busque un amplo consenso político e social para un Plan Forestal que se pretende estea en vigor durante os próximos 20 anos, dúas décadas que non van ser nada fáciles nin para o monte gale- go, nin para o conxunto do noso rural, pois son moi- tos os retos e moitas as incertezas de cara ao futuro.
Debemos ver como podemos poñer entre todos o mellor de nós como sociedade, para gañar xuntos o futuro para o noso monte, o noso rural e o medio ambiente. En definitiva, para o conxunto dos galegos Isto non debe servir de escusa, senón como acicate para ver como podemos poñer entre todos, o mellor de nós como sociedade, para gañar xuntos o futuro para o noso monte, o noso rural e o medio ambiente e en definitiva, para o conxunto dos galegos.
31
caderno técnico
Revisión Plan Fores- tal de Galicia: sen consenso, inútil e contra o monte ve- ciñal
Xosé Alfredo Pereira, Presidente da ORGA CMM
Proceso de xestión
O Plan Forestal de Galicia non ten consideración de plan de ordenación. Está conceptuado como un plan reitor de carácter estratéxico, para a planifica- ción e a execución da política de montes (outros din forestal), no territorio galego.
Aquí atopámonos cunha primeira eiva posto que unha ferramenta que vai ter incidencia nos 2/3 do territorio galego non ten consideración de plan de ordenación xa que logo, o que se planifique nel, non terá primacía diante doutros instrumentos de planifi- cación e ordenación sectoriais.
A revisión do Plan Forestal de Galicia ten rango de Decreto. A súa aprobación darase no Consello da Xunta, non tras o debate parlamentario. Este feito fai que a revisión do PFG—, cunha vixencia de 20 anos—, naza cun problema de raíz: a inestabilidade.
Foto: José Javier Santiago Freijanes, USC
No137 - Marzo 2018