Page 32 - Demo
P. 32
32
caderno técnico
A revisión do PFG nace inestable. Un documento aprobado por decreto, sen o consenso das forzas políticas
que conforman o Parlamento galego está condenado a que non dure máis dunha lexislatura política
A planificación e a ordenación do monte require es- tabilidade e duración no tempo para que sexa efec- tivo. Un documento aprobado mediante decreto, sen debate parlamentario, sen o consenso das forzas políticas que conforman o Parlamento Galego está condenado a que non dure mais alá dunha lexis- latura política. Polo tanto, será un documento inútil.
A isto hai que engadir que a revisión do Plan Forestal de Galicia foi redactado sen contar coa participa- ción de todas as entidades que viven, traballan ou xestionan o medio rural e o monte. Na súa redacción participaron soamente as entidades e organizacións que forman parte do Consello Forestal.
Evidentemente, estas entidades e organizacións son representativas do sector do monte (ou forestal) mais, tamén é certo, que no Consello Forestal de Ga- licia non están representadas todas as entidades e organizacións relacionadas co monte e co medio rural.
Por exemplo, non están representados os sindicatos agrarios, as centrais sindicais, as cooperativas agro- gandeiras. Un documento sen consenso político e sectorial está destinado a non cumprirse.
Unha foto fixa
O documento para a revisión do PFG non arranca dunha análise da situación actual do monte galego, nin sequera dun inventario forestal actualizado; tam- pouco proxecta un desenvolvemento do futuro do
monte atendendo ás necesidades dos seus titulares, das industrias transformadoras (de hoxe e de mañá) e do país. Non pasa de ser unha foto fixa do que hai.
O documento para a revisión do plano forestal de Galicia non arranca dunha análise da situación actual
do monte galego; nin sequera, dun inventario forestal actualizado; tampouco atende ás necesidades
das industrias transformadoras.
O documento para a revisión do PFG mantén a su- perficie dedicada ás plantacións de eucaliptos can- do “hectárea arriba, hectárea abaixo”, esta superfi- cie xa está excedida nunhas 500 mil hectáreas con respecto ao planificado no Plan Forestal actual.
Non contempla a eliminación desta especie forestal nas terras con vocación agraria e agrícola e nas su- perficies con figuras de protección medioambiental. Tampouco se valora unha xestión á caída das plan- tacións con eucaliptos, aínda que só fose como me- dida de loita contra os lumes forestais.
Moito menos se estuda a produción desta especie forestal a máis longa quenda de corta. É dicir, dispo- ñer a produción desta especie forestal —non só para fornecer a industria de celulosas— tamén, para que poida ter outras aplicacións que xerarían moito máis valor engadido, tanto para os titulares dos montes como para o medio rural e mesmo, para o país.
No que respecta ao piñeiro —a especie forestal máis abundante no monte galego—, o documento para a 1a revisión, non contempla nada. Non fala da utili- zación desta especie forestal para producir madeira contrachapada —o que permitiría, por exemplo, a construción de vivendas sustentables—; tampouco, dunha necesaria promoción —empezando polos edificios e instalacións públicas— do uso desta es- pecie forestal nestas construcións.
No que respecta ás diversas especies de frondosas autóctonas —produtoras de madeira de calidade (da que é deficitaria Galicia)—, con inmensas posi- bilidades de ser materia prima para as industrias de segunda e terceira transformación da madeira, non se planifica absolutamente nada.
Nesta 1a revisión do PFG, a única planificación que se evidencia para estas especies de frondosas au- tóctonas é que poden ser usadas para substituír aos eucaliptos e piñeiros que teñen que ser tallados nas franxas de seguridade, en aplicación da lei de prevención e de defensa contra os lumes forestais. Para isto, contémplase un incremento da superficie