Page 9 - Demo
P. 9

dutos e coñecémonos de sociedades coma Delagro, AGACA ou UCOGA. Hai moi boa rela- ción e, a medio prazo, posto que lograr volume sempre é interesante para acadar economía a escala, sería desexable colaborar.Cre que o arrinque destas tres entidades in-  uirá nos prezos que reciben os gandeiros galegos?Sen dúbida. Unha importante vía para a suba dos prezos é participar no valor engadido xera- do pola industrialización da nosa materia pri- ma, pero tamén hai que traballar na op- timización dos custos de produción, especializándose e incrementan-do o volume por explotación e traballar na optimización de procesos loxísticos.A xente pensa que está todo feito pero quedan moitas melloras por facer; este é un camiño de me- llora continua. Sempre se deben seguir aplicando novas tecnoloxías en todos os campos de mellora.O obxectivo de Dairylac é, acurto prazo, estar no merca-do para que o leite se paguedignamente e, a longo prazo, tra-ballar para que cooperativas e gan-deiros xeren valor e poidan ter un brazo industrial que lles dea estabilidade e re icta o valor do seu traballo.Apostar sempre por xerar produtos co máximo valor engadido é un camiño que dará suba e estabilidade aos prezos.Estamos convencidos de que entrar en Dai- rylac, sendo una cooperativa, terá un efecto inmediato no equilibrio o prezo recibido por gandeiros mes a mes, ata que sexa o maior posible.En canto ao proxecto industrial, esperamos que a  nal de ano se traduza en valorización e que parte do bene cio vaia ao gandeiro vía prezo ou vía capitalización de empresa.9a fondoAmpararase Dairylac nalgunha Denomina- ción de Orixe (D.O.)?Usaremos todas as ferramentas ao noso alcan- ce. Hai moitas queixerías pero, en liñas xerais, dun tamaño insu ciente para abarcar merca- dos nacionais e internacionais e temos que traballar en darlles máis tamaño.Nós queremos potenciar a venda do queixo fóra do mercado local, con ferramentas ao noso alcance como son Denominacións deOrixe, o indicativo “Produto Galego 100%”... en de nitiva, a marca Galicia.As D.O. fan moi bo traballo pero, como todo na vida, hai que actualizarse para poten- ciar a venda nacional e a exportación, apostando por manter a calidade do produto pero che- gando ao consumidor con tamaños e produ- tos variados cos que poidamos cumprir as necesidade do clientedo futuro.Teñen estratexia de mar- keting e marcas?Teremos varias marcas, sempre co criterio de realzar a calidade e a identidade do noso produto, que vemos como unha vantaxe competitiva amedio e longo prazo.As cooperativas facemos moitas cousas moi ben pero non as vendemos: desenvolvemos os mellores procesos de produción, coa garantía de que os gandeiros galegos realizamos con seriedade un control total da trazabilidadade: dende o campo ata a mesa.Nalgúns produtos, coma o queixo, lanzaremos unha marca que se inspira no Camiño de San- tiago, para que a xente que coñeza os nosos produtos non só os probe aquí senón que os pida fóra. Os nosos queixo e os nosos produ- tos lácteos teñen que viaxar para o disfrute de todo o mundo.No131 - Decembro 2016


































































































   7   8   9   10   11