Page 10 - Demo
P. 10

10tendenciasCooperativas Lácteas Unidas “CLUN” bota a andar o 1 de xaneiroAs cooperativas Feiraco, Melisanto e Os Irmandiños con- solidan a súa integración na cooperativa de segundo grao, Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN). O proxecto presentado o cialmente no mes de novembro formaliza- ba a escritura notarial de constitución o 16 de decembro.O 1 de xaneiro de 2017 é a data sinalada de inicio de actividade de CLUN, a cooperativa de segundo grao que integran Feiraco, Meli- santo e Os Irmandiños, con tres obxectivos es- tratéxicos: a integración dos servizos técnicos  nanceiros para acadar unha maior e ciencia dos custos de produción, optimizar os submi- nistros e agregar volume para mellorar a ca- dea de valor e contribuír á súa estruturación.Xa constiuída a cooperativa, a presidencia re- caerá en José A. Blanco Purriños, presidente de Os Irmandiños; a vicepresidencia no presiden- te de Feiraco, José Montes, e a secretaría, no presidente de Melisanto, Pablo Costoya.O pasado sete de outubro, os consellos reitores das tres entidades, xunto co da cooperativa Xallas, aprobaban a integración na coopera- tiva de segundo grao, aínda sen nome o cial.O día 31 do mesmo mes, durante votacións ce- lebradas simultaneamente nas cooperativas, a decisión era rati cada polas persoas aso- ciadas a Feiraco, Melisanto e Os Irmandiños; non sucedía así en Xallas, que abandonaba o proxecto.CLUN xéstase coa intención de sumar as opor- tunidades de produción, transformación e ser- vizos das cooperativas membros de xeito que repercutan en bene cio dos intereses das per- soas asociadas.Combinando fortalezas, os obxectivos a alcan- zar son a e ciencia e optimización tanto en custos de produción como de subministracións nas mellores condicións competitivas —dado o impacto das materias primas e alimentación animal sobre a competitividade das explota- cións—, o aumento do volume de produción láctea, así como contribuír á mellora da cadea de valor e á súa estruturación.A e ciencia nos custos de produción mediante a integración de servizos técnicos económicos é o primeiro obxectivo estratéxico de CLUN


































































































   8   9   10   11   12