Page 11 - Demo
P. 11
VariedadeAs cooperativas que forman CLUN dedícanse principalmente á fabricación de pensos, tenda agrícola, prestación de servizos a persoas aso- ciadas, recollida, envasado e distribución de leite e doutros derivados lácteos.En conxunto, producen uns 300 millóns de li- tros de leite ao ano, o que supón preto do 15%11tendenciasdo total de Galicia. O importe neto de cifra de negocios agregado das tres alcanza os 158.271.632 euros. Suman 3.561 persoas aso- ciadas.Feiraco, Melisanto e Os Irmandiños achega- rán a totalidade dos seus negocios —activos e persoal— á nova cooperativa, que pasará a realizar todas as actividades fronte a terceiros. Tamén prevén manter as condicións laborais das 339 persoas traballadoras.Visión de presente e futuroA integración permite aproveitar sinerxías para mellorar en produción e servizos. No que res- pecta á comercialización de produtos, coe- xisten un contexto de atonía da demanda e unha previsión de aumento da demanda de produtos lácteos en países emerxentes. Así, cooperar cunha distribución concentrada constitúe unha das fortalezas relevantes de CLUN.As marcas que inicialmente se manterán son Feiraco, Feiraco Únicla e Clesa.O proxecto está aberto ao ámbito cooperativo, de onde nace a través da mediación de AGA- CA, polo que está prevista a integración futura de novas cooperativas.CLUN estimula e fomenta este movemento inte- grador entendendo que debera universalizar- se no posible para poder cumprir o seu obxec- tivo constitutivo de portas abertas.En Cifras FeiracoOs Irmandiños Melisanto CLUNTraballadores/asPersoas sociasFacturación208 94 37 3391.978 927 656 3.561106.840.705 € 32.643.319 € 18.787.606 € 158.271.632 €No131 - Decembro 2016

