Page 7 - Demo
P. 7
Cando funcione a torre de secado, precisa- rán máis leite. Hai acordos con produtores externos para abastecela?Este proxecto quere valorizar o leite galego e aposta, sobre todo, polo queixo: hai un gran potencial neste segmento, tanto na comerciali- zación de queixo coma no aproveitamento da proteína do soro para xerar máis valor.Por tanto, traballamos en establecer liñas de colaboración para contar co soro de máis queixerías e que o seu aproveitamento se faga en Galicia e non, como ata o de agora, en em- presas de fóra que non o valoran como debe- ran.Cal é a capacidade industrial de Dairylac?Hai tres procesos claros de transformación: o primeiro, a fabricación de queixos; o segundo, o secado de soros e de leite e a venda destes produtos para alimentación humana, nutrición infantil etc. O terceiro, desenvolver unha gama de produtos apostando polo leite pasteuriza- do, gama de natas, de manteiga ou queixos de untar.A capacidade industrial nominal, unha vez desenvolvido todo o proxecto, roldará as 300.000 t/ano de leite, pero este obxectivo é a medio prazo, buscando rendibilidade e valor, non volume.Pensamos dedicar entre o 10 e o 15% do ne- gocio a produtos de hostalería-Retail; entre un 50 e un 70% a ingredientes para industria de alimentación humana e infantil e entre un 20 e un 30% a queixerías.Xeraranse empregos?Claro, este proxecto busca a estabilidade para que os gandeiros poidan seguir desenvolven- do a súa actividade. A nosa idea é contar con instalacións altamente automatizadas para que os custos de produción sexan o máis re- ducidos posible.Neste momento contamos con 18 persoas tra- ballando en Dairylac. Cando se incorporen as queixerías sumaranse 50 postos de traballo directos e coa planta de secado outros doce. Tamén se xerarán moitos postos indirectos en áreas coma transporte, auxiliares, distribución etc.Cando calculan que Dairylac será rendible? Parten con algunha débeda?No plan de negocio actual contamos que, en 2017, a conta de resultados achegue bene - cios dado que ampliaremos a gama de produ- tos transformados con máis marxe e aumenta- remos volume.Neste momento investimos en xerar marcas e desenvolver todos os proxectos.Icos e a Xunta de Galicia entraron no accio- nariado de Lasurgal (agora Dairylac) de forma maioritaria en agosto de 2015 e, dende entón, traballamos para reverter a situación e desen- volver todo o proxecto Dairylac.Os anos 2015 e 2016 foron os peores para a produción e comercialización láctea en xe- ral, o que incrementa as di cultades para un proxecto nacente.7a fondoNo131 - Decembro 2016

