Page 8 - Demo
P. 8
8a fondoestropallo para vitrocerámica etc. cun patrón de nido que permite a súa comercialización en envases estándar (sempre cartón; Mascato rexeita rmemente o uso do plástico).EmpresaUnha empresa vasca apostou pola idea con apoio nanceiro e persoal. Calculan levar in- vestido máis de medio millón de euros nesta empresa onde os factores humano e ideolóxi- co son omnipresentes: contratos a persoas en desvantaxe laboral e alta valoración da profe- sionalidade feminina e da xente nova. Como a rma:“Gústanos compartir e empregar a per- soas máis que man de obra mecánica”, por iso, apostan polas tendas ecolóxicas de barrio, combinando o apoio social coas vantaxes que ofrecen a nivel loxístico e comercial, facili- tando a programación do volume de mercan- cía, que rolda as 150.000 unidades anuais.A plantación de 6 ha, en Caldas, consta de 18 km de estrutura con 22.000 postes de madeira.Inclúe 200 colmeas e unha falcoeira, disuasiva cos roedores. Cada planta pode dar uns 25 froitose medir ata 15 m (para evitar curvaturas empregan cordeis de esparto de plantas de produción propia)Defensores do “eu gaño ti gañas”, apostan polos acordos empresariais que permiten combinar producións e abrir novas liñas de negocio. O que lamenta Mascato é per-cibir un certo desinterese por investir na cien- cia e unha, aínda acusada, mentalidade de reacción adversa á innovación. Suxire valorar máis o potencial das mentes punteiras de Gali- cia e integralas nun equipo onde intercambiar coñecementos e información.Mentres, seguen investigando posibles aplica- cións da luffa como tratamentos orgánicos ou como material a usar na fabricación de pezas de automóbiles. Mascato insiste na in nidade de usos da luffa, aínda por estudar, e que ofre- ce desinteresadamente para investigacións alleas.Mostra de ceparioCatalina Fernández de Ana rematou a carreira de Bioloxía en 1999 e foi unha das afortunadas que saíu da Universi- dade con traballo; concretamente, nunha empresa, Hifas da Terra, que facturou 4 M/€ en 2015, cun valor de marca próximo aos 10 M/€.En 1999, porén, Hifas da Terra só existía en pa- pel; concretamente, nos cadernos da propia Catalina, que a creou como Proxecto Fin de Carreira. Hoxe, ademais dela, na empresa que cultiva cogomelos e fungos e desenvolve e co- mercializa produtos derivados deles, traballan 50 persoas, entre postos directos e indirectos, en España e Reino Unido.Plantación de Luffas en Caldas de Reis (Pontevedra)Hifas da Terra