Page 10 - Demo
P. 10
10tendencias“Almorz@ con Beizos Brancos” e “Atrévete Contigo Mesma” pechan con éxitoo primeiro trimestre de 2016AGACA e Obra Social “la Caixa” comezaron 2016 promovendo o benestar en oito escolas e tres cooperativas de Galicia a través de dúas iniciativas sociais:“Almorz@ con Beizos Brancos” promove o consumo de alimentos sans e nutritivos entre os escolares;“Atrévete Contigo Mesma”destaca a capacidade em- presarial das socias das cooperativas.Logo da boa acollida que tiveron en 2015 am- bos os dous programas, AGACA continuou du- rante os meses de xaneiro e febreiro a desem- peñar estas actividades, que se realizan con nanciamento de Obra Social “la Caixa”.“Atrévete Contigo Mesma”Para contrarrestar a baixa participación das mulleres nos Consellos Reitores das coopera- tivas, profesionais de AGACA especialistas en Igualdade e Coaching guiaron esta iniciativa focalizada en resaltar o potencial das socias das cooperativas, que malia supor un 49% da masa social, só ocupan o 12% dos postos nos órganos de decisión.As cooperativistas reclamaron cursos sobre xerencia, administración e xestións scaisFormación e xeitos de facilitar a conciliación (como convenios con garderías e centros de maiores ou asembleas a horas que non cho- quen cos traballos no fogar e na explotación) foron algunhas das reclamacións que máis re- petiron as socias das cooperativas durante as xornadas “Atrévete Contigo Mesma”.“Almorz@ con Beizos Brancos”Este programa de difusión de hábitos alimen- tarios sans e de promoción dos produtos natu- rais, frescos e de tempada como base para al- morzos nutritivos repetirase novamente a nais de ano cos obxectivos de abarcar aos colexios que quedaron en lista de espera e abrirse a máis poboacións, pois foi moi ben recibido po- los centros de ensino.Aínda hai escolares que non almorzan e moitos recoñecen limitarse a alimentos procesadosAcompañando á charla didáctica, a activida- de inclúe un xogo para explicar os procesos de transformación do leite e un almorzo: leite con cacao puro e mel, torradas con aceite e froita fresca.Centrado especialmente en cidades e vilas de tamaño medio, “Almorz@ con Beizos Brancos” busca ademais dar visibilidade á riqueza pro- dutiva do agro galego, mostrando a variedade de produtos e profesións ligadas ao campo.Repartíronse, en total, máis de 500 almorzos.Atrévete Contigo MesmaAlmorz@ con Beizos Brancos2015330 mulleres - 7 cooperativas130 escolares - 3 colexios2016100 mulleres - 3 cooperativas380 escolares - 8 colexios