Page 12 - Demo
P. 12

12tendencias - entrevista Laura LemaResponsable de Negocio Agrario de CaixaBank en Galicia“As nosas iniciativas sociais encaixan moi ben nas cooperativas”A división de Lema traballa coas activida- des de Obra Social “la Caixa” estreitamente relacionadas co sector agrogandeiro e co medio rural onde, cada vez con máis intensi- dade, se está a percibir a súa presenza.Xunto con accións  nanceiras, a entidade amosa unha especial sensibilidade polo as- pecto social, evidente nas cooperativas a través das iniciativas desenvolvidas en co- mún con AGACA de cara ao empoderamen- to das mulleres e ao fomento dunha axeita- da nutrición entre os escolares.-Por que Obra Social “la Caixa”está agora tan presente no medio rural?Nas cidades, a nosa entidade é moi coñecida pero detectamos que no ámbito do rural non o era tanto. Esta realidade levounos a habilitarunha liña de negocio especí ca, AgroBank, que procura dar solución ás necesidades vin- culadas ao sector e, por extensión, achegar a alma da Obra Social.Nese senso, desenvolvemos múltiples activida- des, entre elas o coidado de espazos naturais de Galicia. Mediante un convenio coa Xunta levamos a cabo todos os anos diversas ac- cións de conservación nas catro provincias.-Como valora “la Caixa” as iniciativas desenvolvidas con AGACA?A valoración é positivísima e espero que AGA- CA teña a mesma sensación. A acollida que nos están trasladando, en xeral, é moi boa. Es- tamos moi contentos e esperamos continuar, non só para este ano senón a longo prazo.-Que actividades están previstas?Estamos traballando nunha liña orientada ás persoas maiores, para promover un envellece- mento activo, algo moito máis problemático no rural que en zonas urbanas. En Galicia, te- mos unha poboación moi envellecida, espe- cialmente nas provincias de Lugo e Ourense.Temos previsto iniciar, con AGACA, unha iniciativa para promover o envellecemento activoGustaríanos colaborar na mellora da calidade de vida deste amplo sector da poboación den- de varias perspectivas: no aspecto nutricional e no socio sanitario (coidados a persoas maio- res). Nas xornadas “Atrévete Contigo Mesma” solicitáronnos orientación nesta problemática pois, no rural, adoitan ser as mulleres quen se ocupan de atender aos maiores, xunto co tra- ballo na explotación, o doméstico e o coidado a menores.


































































































   10   11   12   13   14