Page 14 - Demo
P. 14
14tendenciasA Xornada“Liñas de Axudas e Apoios públicos”aclara as novidades das últimas subvenciónsPara aclarar as múltiples dúbidas que xor- den ao redor das subvencións públicas cando se convocan, AGACA, en colabora- ción con Agrobank, reuniu en Santiago de Compostela a responsables dos organismos públicos que teñen convocado axudas de interese para o sector agroalimentario con validez en 2016.Preto de sesenta persoas socias de coope- rativas dos diferentes sectores agroalimenta- rios asistiron á A Xornada “Liñas de Axudas e Apoios Públicos” para coñecer, de primeira man, as condicións e prestacións das axudas, tanto as relacionadas con sectores produtivos concretos como as vinculadas a fomento do emprego, innovación, comercialización ou in- vestimentos.Investimentos, melloras e desenvolve- mentoNicasio Mejuto, subdirector xeral de Explota- cións Agrarias, animou a profesionais da agri- cultura de entre 18 e 41 anos a solicitar asdiferentes axudas dispoñibles no Plan de Des- envolvemento Rural de Galicia 2014 -2020 para renovar e mellorar as súas explotacións.José M. Janeiro, xefe de Servizo de Industriali- zación e Comercialización da Consellería do Medio Rural, explicou as axudas para os inves- timentos en transformación e comercialización de produtos agrarios, que contan cun orza- mento total aproximado de 95 millóns de euros procedentes de fondos europeos. As axudas concederanse en réxime de concorrencia competitiva e cubrirán como máximo o 50% de cada proxecto.Beatriz Calderero, responsable de información do IGAPE, aclarou as liñas de apoio ao nan- ciamento de explotacións leiteiras, así como o programa RESOLVE, que contempla préstamos de entre 3.000 e 15.000 euros.En melloras enerxéticas, o xefe de área de aforro e e ciencia enerxética do INEGA, José Ángel Abad, mostrou as axudas para efectuar medidas de e ciencia enerxética como au-Beatriz Calderero, responsable de información do IGAPE, con Carlos Ares, técnico de AGACA