Page 13 - Demo
P. 13
-Obra Social ten un programa de axudas para iniciativas sociais ao que poden acceder as cooperativas...Despois dun estudo a nivel nacional, deca- támonos de que as nosas iniciativas sociais encaixan moi ben nas cooperativas, pois son axentes moi importantes no seu ámbito: che- gan a moito público obxectivo a través de ac- tividades de todo tipo.As cooperativas teñen un acceso máis doado á xente que sufra algunha das problemáticas que trata a Obra Social “la Caixa”. O Programa de Axudas a Proxectos de Iniciativas Sociais da liña de Acción Social no Ámbito Rural conta cun orzamento de 800.000 euros e os proxec- tos que mellor cumpran as condicións poden optar a axudas de ata 40.000 euros.Entrarían distintos tipos de iniciativas sociais. Por exemplo: unha cooperativa que queira dar un extra a socios xa xubilados acondicionando un local para eles podería acollerse ás axudas de Obra Social. Pódese optar ata 40.000 euros por proxecto-Á marxe de Obra Social, hai vantaxes nanceiras para as cooperativas e os cooperativistas?Os préstamos e hipotecas AgroInversión teñen como vantaxe que, en calquera momento da vida do préstamo, poden paralizarse durante un ano, pospoñendo o pago das cotas.13tendenciasTamén accederían á conta AgroBank sen gas- tos, domiciliando o seguro de autónomos e, ou ben Agroseguro, ou ben, a PAC.Ao longo de 2016 “la Caixa“ farase cargo da Tarifa Plana de autónomos durante seis meses para aqueles emprendedores que veñan derivados dunha cooperativa a través de AGACAEstamos tamén nas liñas de préstamos para a mellora de explotacións leiteiras do IGAPE e, en xullo de 2015, lanzamos a liña AgroCon rming para satisfacer a Lei da Cadea Alimentaria: as cooperativas poden pagar aos provedores de produtos perecedoiros dentro dos 30 días regu- lamentarios, tendo 270 días para diferir o pago dese cargo a AgroBank.-Tamén outorgan vostedes o Premio Emprendedor XXI Agrario. En qué consiste?Pode participar calquera axente do sector agrario con algunha iniciativa innovadora. A convocatoria abrirá entre marzo e abril. Que- remos recoñecer e apoiar iniciativas a nivel nacional. O gañador poderá mesmo viaxar a Sillicon Valley para coñecer como funcionan as empresas máis innovadoras do mundo.Entran todo tipo de proxectos, dende elabora- ción de produtos ata metodoloxías de traballo, de redución de custos produtivos...No127 - MARZO 2016