Page 48 - Demo
P. 48

48novasA familia Benfeito velará polos derei- tos das persoas consumidorasDende o 16 de setembro, as mensaxes e con- tidos que transmita a Unión de Consumidores de Galicia, UCGAL, sexan propias ou en cola- boración con outras entidades ou administra- cións, faranse públicas a través dalgún mem- bro da familia Os Benfeito: Carmiña e Fermín, os avós; Suso e Marta, pai e nai de familia, ou os  llos: Iria, a maior, e Antón o máis pequeno.No acto de pre- sentación da nova estratexia de comu- nicación da Unión de Consu- midores de Galicia —orientada á divulgación das accións desenvol- vidas pola entidade e á suma de máis persoas socias— Miguel López, secretario xeral da en- tidade, explicou que “os Benfeito representan unha familia integrada por persoas de diferen- tes idades e dedicación, moderna, como moi- tas que poderiamos atopar en calquera punto de Galicia, con actividades vinculadas a sec- tores que teñen un peso especí co no tecido socioeconómico da nosa comunidade”.O ilustrador Marcos García deseñounos ba- seándose en fotos reais de persoas que se axustasen, en certa forma, a uns perfís físicos determinados “ co  n de dar unha unidade de marca a todo o conxunto”. A través da ban- da deseñada, a Asociación concienciará da necesidade de facer valer os dereitos das per- soas consumidoras de calquera idade e pro- fesión.Dende 1988, a UCGAL traballa na defensa do conxunto das persoas consumidoras de Gali- cia; ofrece asesoramento en ámbitos como o comercio, sanidade, educación e medio am- biente.Máis en www.facebook.com/OsBenfeito/ e http://consumidores.gal/os-benfeito/Un ano máis, a adega Condes de Albarei contrata para os labores de vendima en Pazo Baión, dez persoas traballadoras en proceso de reintegración socio-laboral. A selección do persoal fíxose en común entre a Consellería dePAZO BAIÓNvolve contratar persoas en risco de exclusión social para vendimarSanidade e a adega, empregando criterios de estabilidade e evolución no seu tratamento e a súa adecuación aos requisitos do posto de traballo.Ano a ano, Condes de Albarei ten aumentado o número de xornadas laborais deste colectivo, chegando a triplicar o establecido no acordo inicial.


































































































   46   47   48   49   50