Page 49 - Demo
P. 49

49novasPalabrasXa temos gañadora do premio relacionado co relato que vos pe- díamos (non máis de 300 palabras contendo a frase “Cando es- pertou, aquel labrego aínda estaba alí”).Compartimos con todos vos a narración premiada “A negación”, obra de Lucía González Louro. Noraboa Lucía! Gañaches unha noite con almorzo para dúas persoas na casa rural que ti esco- llas de entre máis de dúascentas opcións.A NEGACIÓNNegoullo todo. A posibilidade, o dereito, o presente e o futu- ro. Negoulle o recoñecemento, o valor de si mesmo. Negoulle os callos nas mans, o saber de vello transmitidos baixo o sol e a chuvia. Negoulle a utilidade do seu esforzo para si e para os seus. Negoulle o afán de vivir da terra e paraa terra. Negoulle a voz e a forza da unión. Negou tanto, tantas veces, por tantos anos, que a rutina do non lle negaba a realidade. Cando espertou, aquel labrego aínda estaba alí.Coñécete mellorÁ parte dos apelidos con orixe topográ ca ou patronímica, como temos visto ata agora (Cas- tro, Iglesias e Otero), algúns dos apelidos máis frecuentes teñen orixe natural. A provincia de Pontevedra, en concreto, é a máis proclive aos nomes de familia arbóreos.Os máis comúns:Pereira: En Galicia residen 25.117 persoas apelidadas Pereira, máis da metade ponteve- dreses: 13.143. A Coruña recolle 6.775 e, no que respecta a Ourense e Lugo, entre as dúas non suman máis Pereiras que Madrid, a terce- ria provincia onde é máis frecuente, con 6.695 habitantes.Piñeiro: En Galicia residen 24.802 persoas con Piñeiro como apelido. Está entre os 35 máis fre- cuentes nas provincias de Pontevedra —onde habitan 12.608 Piñeiros—, A Coruña e Lugo; en Ourense, en cambio, non se atopa sequera entre os 50 máis comúns, con só 841 represen- tantes.Piñeiro Pereira


































































































   47   48   49   50   51