Page 47 - Demo
P. 47

Conde sinala Delagro como exemplo de éxito de empresa cooperativaO conselleiro de Economía, Educación e Em- prego, Francisco Conde, visitou a mediados de agosto as instalacións do Complexo Industrial Multidisciplinar de Delagro S. Coop. en As Pon- tes.Acompañado polo presidente da entidade, Ja- vier Taboada, directivos de varias cooperativas socias e o alcalde de As Pontes, Valentín Gon- zález Formoso, Conde sinalou a necesidade de que as cooperativas aposten por dimensionar- se e invistan en proxectos innovadores co  n de gañar en competitividade e en mercado.Presentou a Delagro como exemplo de éxito de empresa cooperativa: “Este é o camiño a seguir dende o punto de vista do tecido indus- trial de Galicia; o exemplo de que a unión de esforzos e o tamaño conseguido permiten ga- ñar en competitividade e posicionamento no mercado”.Tamén remarcou o peso das cooperativas na actividade empresarial, económica e social das zonas onde se asentan, converténdose nun dos principais motores de desenvolvemen- to local e demostrando ser unha fórmula viable e xeradora de emprego, incluso a pesar do ad- verso contexto económico.47novasExpertos debaten en Madrid sobre agriculturae cambio climáticoA agricultura contribúe e vese afectada polo cambio climático. Tal e como revela a Axen- cia Europea de Medio Ambiente nun informe publicado en 2015, o quecemento global xa alterou a duración da estación de crecemento en grandes partes de Europa e, de non buscar unha solución que mitigue os seus efectos, pro- bablemente a produción agraria verase afec- tada de forma drástica.A asociación de xornalistas ambientais APIA e o sistema de recollida de envases agrarios, SIGFITO, organizaron unha xornada en Madrid o 27 de setembro, onde deron a coñecer qué iniciativas están a levarse a cabo na agricul- tura española para a redución dos gases de efecto invernadoiro.Abordouse a importancia da agricultura como sumidoiro de carbono, o seu posible papel na mitigación dos gases de efecto invernadoiro e a problemática da xestión dos residuos no ám- bito agrario.No130 - Outubro 2016


































































































   45   46   47   48   49