Page 46 - Demo
P. 46
46novasCork 2.0:“As cooperativasson un instrumentoclave paraa sustentabilidadedas zonas rurais”O Comisario de Agricultura Phil Hogan presen- tou o 7 de septembro a “Declaración Cork 2.0 Por unha Vida Mellor nas Zonas Rurais” ante máis de 300 membros de institucións comuni- tarias e nacionais do sector produtor e indus- trial agroalimentario, ONG e representantes da comunidade rural. O documento recolle orien-tacións políticas a valorar en futuros debates sobre a PAC e os retos do século XXI e nel des- taca á relevancia das cooperativas na susten- tabilidade do contorno rural.A declaración pon de manifesto a importan- cia de manter unha política agrícola e rural na UE que impulse a economía, a xestión am- biental, a biodiversidade e a integración social nas zonas rurais.Tamén destaca a necesidade de mellorar o desenvolvemento destas zonas a través de solucións innovadoras, inclusivas e sustentables.Cooperativas Agro-alimentarias de España apoia o informe da CNMC favorable á existencia de estacións de servizo desatendidasA Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) posiciónase en contra das medidas aprobadas por varias Co- munidades Autónomas que limitan a actividade das estacións de servizo desatendidas e recomenda eliminar as limitacións impostas ás cooperativas agrarias para a distribución de com- bustible.A CNMC considéraas barreiras innecesarias ou desproporcio- nadas e solicita ás Comunidades Autónomas que eliminen a imposición de que toda estación de servizo conte con persoal para atender aos usuarios, e que inhabiliten a limitación cuan- titativa na distribución de combustible imposto ás cooperativas agrarias.Cooperativas Agro-alimentarias de España analizará as medidas dispoñibles para asegurar que as au- toridades correspondentes atendan as recomendacións contidas no informe.Por outra banda, a Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES) apoia o papel desenvolvido polas Estacións de Servizo das cooperativas agroalimentarias e das SAT no eido rural, dife- renciando este modelo de distribución de carburantes das chamadas “Estacións de Servizo Low Cost”.CEPES apunta que a maioría das case 900 estacións de servizo das cooperativas agroa- limentarias e SAT que fan esta actividade eco- nómica no medio rural dende hai máis de 30 anos son de pequena ou mediana dimen- sión (menos do millón de litros de distribución de carburantes/ ano por entidade asociati- va, ofrecendo produtos a prezos razoables e competitivos).