Page 11 - revista agaca 159_web
P. 11
11
a fondo
Formación e arraigo, claves para traballar nunha explotación agrogandeira
Cambios máis relevantes no Real Decreto 629/2022
• Conta allea: mínimo da xornada de 30 horas
semanais en 6 meses ou 15 horas semanais nun
período de 12 meses.
• Conta propia: actividade continuada polo
menos, 6 meses.
• SOCIAL
• Estancia mínima de 3 anos.
• Contrato de traballo asinado que garanta, como
mínimo, o SMI ou salario establecido no convenio
laboral aplicable, cuxa suma debe representar
unha xornada semanal de non menos de 30
horas e garantir o SMI.
• De acreditarse ter menores a cargo ou persoas
con medidas de apoio poderá ter unha duración
mínima de 20 horas.
• No sector agrario pode presentarse máis dun
contrato, concatenados e con distintos emprega-
dores.
• Informe de arraigo ou vínculos con estranxeiros
(ascendentes e descendentes de primeiro grao,
cónxuxes e parellas de feito) emitirase e notifica-
rase antes de 30 días dende a súa solicitude.
• FAMILIAR
• Se é fillo de pai ou nai orixinariamente españois ou ben sexa pai ou nai dun menor de nacionalidade
española.
• Se é cónxuxe ou parella de feito dunha persoa de nacionalidade española.
• Se presta apoio a unha persoa con discapacidade de nacionalidade española.
• Ascendentes maiores de 65 anos ou menores de 65 a cargo, fillos e fillas menores de 21 anos ou maiores
de 21, a cargo tanto da persoa española como do seu cónxuxe ou parella de feito rexistrada e aqueles
descendentes de pai ou nai que orixinariamente foran españois.
• Contarán cunha tarxeta de 5 anos de duración que permite traballar por conta propia e allea.
• FORMACIÓN
• Debe acreditar unha permanencia mínima en España de 2 anos.
• Comprometerse a realizar unha formación regrada, matriculándose nun prazo de 3 meses dende a
notificación da resolución da autorización da residencia.
• Terá unha duración de 12 meses prorrogable, unha única vez, por outros 12 meses.
• Ao rematar deberá presentar un contrato de traballo e recibirá autorización de 2 anos que habilitará a
traballar.
Nº 159 Agosto 2022