Page 10 - revista agaca 159_web
P. 10
10
a fondo
Formación e arraigo, claves para traballar nunha explotación agrogandeira
Cambios máis relevantes no Real Decreto 629/2022
ESTUDANTES
• Non precisan solicitar autorización para prácticas non laborais integradas no Plan de Estudos.
• Igual que ata o de agora, os estranxeiros que dispoñan da correspondente autorización de estancia por
estudos, formación, prácticas non laborais ou servizos de voluntariado poderán ser autorizados a realizar
actividades laborais en institucións públicas ou entidades privadas cando o empregador, como suxeito
lexitimado, presente a solicitude de autorización de traballo.
• Por outra banda, a autorización de estancia por estudos obtida en virtude do artigo 37.1.a) autorizará a
traballar por conta propia e allea, sempre que esta actividade laboral sexa compatible coa realización
deses estudos e se trate de estudos superiores.
• Con visado de estudos, poderán traballar sen solicitar autorización se son: estudos superiores, formación
regrada para o emprego para obter o certificado de profesionalidade ou certificación de aptitude técnica
o habilitación profesional.
• Poderán traballar por conta propia ou allea, sen limitacións xeográficas (se os estudos o permiten).
• A actividade laboral non superará as 30 horas semanais.
• A vixencia da autorización de traballo coincidirá coa duración da autorización de estancia, non se
vinculará á duración do contrato de traballo. A súa renovación (autorización de traballo) dependerá da
existencia dun contrato.
• Elimínanse os requirimentos de estancia en España de 3 anos e a obriga de non ter recibido bolsa de
estudos ou subvención.
REAGRUPACIÓN
• Flexibilízanse os requisitos en canto á acreditación de medios económicos.
• Na residencia independente de familiares reagrupados, elimínase a duración temporal dos contratos e
vincúlase o SMI á xornada do contrato, non á xornada completa.
• Permítese á persoa reagrupada traballar por conta allea ou por conta propia.
RENOVACIÓNS DAS AUTORIZACIÓNS DE RESIDENCIA E TRABALLO POR CONTA ALLEA
• Pásase de ter que xustificar 6 meses cotizados a só 3. Modifícanse requirimentos: por exemplo, non é
obrigatorio presentar o contrato de traballo cando se acredite que a relación laboral foi interrompida por
causas alleas á súa vontade e está inscrito como demandante de emprego.
• A renovación da duración da residencia estenderase a un período de 4 anos, fronte aos 2 de antes. Estes
prazos permiten que cese a existencia de irregularidades provocadas por falta de contrato ou cotización.
RESIDENCIA TEMPORAL E TRABALLO POR CONTA PROPIA
• Simplifícanse os requirimentos, principalmente as contías económicas, e admítese o autoemprego.
• A renovación da residencia e traballo por conta propia terá unha vixencia de 4 anos.
RESIDENCIA TEMPORAL POR ARRAIGO
• LABORAL
• Permanencia en España un mínimo de 2 anos.
• Demostrar vínculos laborais cunha duración mínima de 6 meses, no marco dos últimos 2 anos previos á
solicitude.
Formación e arraigo, claves para traballar nunha explotación agrogandeira, segue lendo 11

