Page 15 - revista agaca 151_web
P. 15

15

                                                                                               tendencias

                         Creadas sete novas cooperativas co


                                   Itinerario do Emprendedor




               AGACA creaba en 2018 o Itinerario do Empren-             COOPERATIVAS CONSTITUÍDAS
               dedor como un plan de acción, de seguimento e
               axuda á mocidade emprendedora no marco da           BIOAPICULTURA, integrada por catro persoas
               economía social a través dos efectivos técnicos     emprendedoras, persegue transformar e
               da Asociación.                                      comercializar a produción das súas explota-
                                                                   cións de apicultura ecolóxica.
               Os principais obxectivos sobre os que se articula
               esta iniciativa comprenden a dinamización de        IBERICA DEL KIWI, integrada por tres persoas
               persoas potencialmente emprendedoras para           emprendedoras para transformar e comer-
               crear grupos de promotores que poidan poñer         cializar a produción das súas explotacións
               en marcha empresas cooperativas, o titorado e       de kiwi.
               asesoramento  para  a  conformación  da  socie-
               dade cooperativa e para os primeiros pasos da       LAS PUERTAS DEL EXITO. É unha cooperativa
               empresa durante os primeiros anos de actividade     xuvenil, creada por tres persoas co fin de
               e un servizo de acompañamento y asesoramento        asumir o traspaso dunha cafetería e crear os
               na travesía empresarial.                            seus propios postos de traballo.

               Rematado o asesoramento, as persoas empren-         CABRINFOLLA Sete persoas crearon unha
               dedoras poderán exercer a actividade agro-          cooperativa agraria para transformar e
               gandeira de forma profesional e autónoma            comercializar a produción das súas explota-
               constituíndo unha entidade de economía social,      cións de mazá para elaborar sidra.
               un xeito de garantir a sostibilidade das coope-     OURENSANA DO MIÑO. Dúas persoas
               rativas a longo prazo. O  100% dos participantes
               serán membros constituíntes dunha cooperativa       conforman  esta  cooperativa  de  traballo
               agraria ou outra fórmula de economía social, ou     asociado para desenvolver a actividade de
               ben, unha nova incorporación en calidade de         prestación de servizos agrarios en viñedo
               persoa socia a unha cooperativa existente.          e forestal, basicamente, creando os seus
                                                                   postos de traballo.
                 No transcurso dos máis de dous anos de            PENADRADA, cooperativa agraria de pres-
                   duración do proxecto, dende maio de             tación de servizos de maquinaria agrícola
                                                                   constituída por seis mozos e mozas.  As
               2018 ata decembro de 2020, asesoráronse             actividades principais abranguen as tarefas
                11 grupos emprendedores constituíndose             necesarias nas explotacións socias: laboreo
                  realmente sete entidades cooperativas.           de fincas, semente e recollida de forraxes,
                                                                   preparado da alimentación para o ganado
                                                                   vacún etc.
               No transcurso dos máis de dous anos de duración     DSEGUIDA é unha cooperativa de traballo
               do proxecto, dende maio de 2018 ata decembro        asociado deseñada para colaborar cos
               de 2020, asesoráronse 11 grupos emprendedores
               constituíndose realmente sete entidades coope-      establecementos da comarca de Sarria
               rativas.                                            en condicións de ofrecer ás persoas,
                                                                   principalmente do rural, mediante chamada
               En todos os casos se deseñaron e validaron os       telefónica ou a través dunha plataforma
               modelos de negocio, estudouse a viabilidade,        online, os servizos de compra e transporte
               explicáronse os procedementos e obrigas fiscais,    de todo tipo de produtos ao por menor, ao
               laborais e administrativas para a posta en marcha   domicilio dos solicitantes ou o transporte dos
               do  proxecto,  diferenciando  como  afectaría  ao   produtos mercados. Intégrana tres persoas
               negocio as obrigas fiscais e laborais segundo o     emprendedoras.
               tipo de sociedade constituída.

                                                                                                        Nº 151 Decembro 2020
   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20