Page 8 - 147_interactivo.pdf
P. 8
8 a fondo
• Non tocarse os ollos, boca e nariz.
• Evitar os contactos físicos e procurar manter unha distancia duns dous metros con outras persoas, se é posible.
• Manipulando alimentos, manter a máxima hixiene e empregar máscaras.
Hixiene nas instalacións
• Reforzar a limpeza e desinfección do lugar e dos equipos de traballo, aumentando a frecuencia nos espazos comúns como recep- ción, salas de reunións, mostradores, pomos das portas, varandas, mobles, chans, teléfonos, teclados... Pode empregarse lixivia.
• Para limpar, empregar luvas de vinilo/acrilo- nitrilo. Se son de látex, mellor empregalas por riba dunha luva de algodón.
• Ter sempre repostos dos produtos de limpeza, panos, luvas, bolsas de lixo etc.
Hixiene das superficies contaminadas
Os virus deixan de estar activos despois de cinco minutos de contacto con desinfectantes comúns.
•
As cantidades: para lixivia de 50g/l, engadir 25ml de lixivia/litro de auga; se é de 40g/l, engádense 30 ml de lixivia/l de auga.
Se non pode empregarse lixivia polo tipo de superficie, empregarase etanol ao 70%.
• Renovar o aire sempre que sexa posible.
• As roupas de traballo deben lavarse en auga quente entre 60 e 90o. Non deben sacudirse e cómpre usar luvas na súa manipulación.
• Evitar concorrer en espazos confinados como silos, almacéns etc.;de non ser posible, manter distancias de seguridade e empregar máscaras.
Dirección/xerencia
Como responsables da dirección dunha empresa, as persoas que ocupan estes cargos deben controlar as posibles situacións e actuar así:
• Se unha persoa empregada se confirmase como infectada pola COVID-19 ou están a facérselle probas, debe facilitar que esa persoa non acoda ao posto de traballo ata solucionar a infección ou descartarse como infectada.