Page 10 - 147_interactivo.pdf
P. 10

10 tendencias
Dolores Calvo relata o seu paso polo Parlamento Europeo
Abrindo camiño en Bruxelas
Dolores Calvo é vicepresidenta de AMCAE, a Asociación de Mulleres de Cooperativas Agro-ali- mentarias de España; presidenta de “Nós, as mulleres”, a Asociación Galega de Mulleres de Cooperativas Agroalimentarias; preside tamén a bodega cooperativa Condes de Albarei, é vogal en AGACA; mestra nun instituto da provincia de Pontevedra e, ademais, viticultora.
Copa-Cogeca (organización representativa das cooperativas agroalimentarias en Europa) convidou a AMCAE a participar, no Parlamento Europeo, nun encontro do Comité de Mulleres acerca da formación e da educación das mulleres traballadoras do sector primario, co gallo da celebración o 15 de outubro do Día Internacional da Muller Rural. A representante nesta ocasión, foi Dolores Calvo. Ela mesma nos explica o seu paso polo Parlamento Europeo.
  Di Antonio Guterres, Secretario Xeral de Nacións Unidas: “O apoderamento das mulleres e das nenas rurais é esencial para construír un futuro próspero, equitativo e pacífico para todos, nun planeta san”.
O 15 de outubro de 2.008 foi o primeiro Día Inter- nacional da Muller Rural, establecido pola Asem- blea Xeral de Nacións Unidas, quen recoñeceu: “A función e contribución decisivas da muller rural, incluída a muller indíxena, na promoción do desenvolvemento agrícola e rural, a mellora da seguridade alimentaria e a erradicación da pobreza rural”. Nas mesmas datas, a Copa-Co- geca (organización representativa das coope- rativas agroalimentarias en Europa) convidou a AMCAE a participar, no Parlamento Europeo, nun encontro do Comité de Mulleres acerca da formación e da educación das mulleres traballa- doras do sector primario.
A que fun?
Era a primeira vez que se nos daba a oportuni- dade de participar nun evento desta importancia. Eu asistín como representante das mulleres de cooperativas agroalimentarias españolas; o obxectivo básico a acadar era transmitir quen somos e que facemos.
Foi unha ocasión única para expoñer no Parla- mento Europeo os retos da muller rural, como as cooperativas podemos contribuír a superalos e as accións que Cooperativas Agro-alimentarias de España está levando a cabo para poñer en valor ás mulleres no rural; tamén para facerlles chegar os programas que poden ofrecer as cooperativas para a formación e a fixación das mulleres no sector.
Hai problemáticas comúns?
Polo que alí se falou podemos deducir que hai consonancia nas formulacións e problemáticas, xa que son comúns nos distintos países europeos:
a) Despoboamento rural
b) Falta de substitución xeracional
c) Baixa participación das mulleres na esfera pública e en cargos de responsabilidade.
Centrándonos neste último punto hai concor- dancia en diversos factores que levan a isto:
   


















































































   8   9   10   11   12