Page 11 - 147_interactivo.pdf
P. 11

11 tendencias
  - A muller asume tradicionalmente moitas responsabilidades familiares e domésticas, non remuneradas, que lle restan tempo para desempeñar outras tarefas.
- As xornadas laborais fóra da casa vense reducidas e, así, os ingresos económicos. As cotizacións son inferiores ás dos homes,o cal leva a unhas pensións menores e, por tanto, a máis pobreza.
- A falta de tempo impide asumir cargos direc- tivos nas empresas ou noutros organismos, limitando as súas posibilidades de ascenso.
- Así mesmo, presentáronse estudos nos que se destaca que o traballo da muller no rural é, en moitas ocasións,traballo «informal» (economía soterrada) que non computa nas estatísticas nin nas cotizacións.
Como podemos as cooperativas ser parte da solución?
As cooperativas están asentadas no territorio, son dinamizadoras socioeconómicas e vertebran a poboación, fixándoa no territorio.
Un pobo cunha cooperativa que funcione nunca será un pobo abandonado
As cooperativas somos unha ferramenta moi importante para reforzar a posición de profesio-
nais da agricultura e da gandería na cadea de valor da alimentación.As mulleres agrogandeiras deben estar involucradas nos Consellos Reitores para facelos máis fortes.
Un dos valores que temos as cooperativas é que somos sociedades democráticas e, polo tanto, as mulleres socias temos a posibilidade de ser nomeadas para desempeñar cargos nos conse- llos reitores e noutros órganos de decisión.
Como o conseguimos?
Trazando plans de igualdade nas nosas coope- rativas. Favorecendo a conciliación familiar. Tomando medidas que atraian a mulleres mozas que aposten polo rural e se establezan nel, garan- tíndolles un medio de vida digno para levar a cabo o seu proxecto vital.
Promovendo a participación das mulleres nas actividades da cooperativa, non só como traba- lladoras, senón tamén como directivas e empre- sarias.
Formando ás nosas mulleres socias en habili- dades, destrezas, apoderamento, liderado e auto- estima, pero tamén en saber delegar para facer fronte aos retos.
Traballando a conciliación e a corresponsabili- dade entre os nosos socios e socias, para lograr a igualdade e ofrecer ás mulleres un tempo para si mesmas e para poder asumir responsabilidades na cooperativa.
   No 147 Marzo 2020


















































































   9   10   11   12   13