Page 12 - 147_interactivo.pdf
P. 12
12 tendencias
Que papel xoga a educación?
O evento quería poñer o foco na educación das mulleres rurais e as principais conclusións ás que se chegou foron:
A educación é a base para cambiar a sociedade, hai que educar dende a infancia en igualdade.
• Necesitamos o traballo, a sensibilización, a formación conxunta de homes e mulleres. É unha tarefa de todos. Non pode haber conno- tacións restritivas e excluíntes, senón inclusivas.
• Temos máis mulleres mozas no rural con formación académica superior, pero marchan a zonas urbanas por falla de oportunidades no rural.
• As escolas de formación agrícola teñen máis mulleres entre o seu alumnado, pero despois non ocupan postos técnicos nas explotacións.
• Necesitamos homes que loiten pola igual- dade de oportunidades e asuman a corres- ponsabilidade familiar e doméstica.
• É moi importante cambiar a mensaxe errónea de que no rural queda o que non serve. O rural é para xente formada, emprendedora e competente. A agricultura é nobre, non podemos vivir sen ela.
• De cara ao apoderamento da muller, nece- sítanse exemplos a seguir, referentes a quen imitar.
• Valorouse a formación como ferramenta imprescindible para fomentar as capacidades
e habilidades das mulleres para que poidan afrontar os retos.
Conclusións:
Parece que estamos no camiño de conseguir un maior equilibrio de xénero nas nosas coopera- tivas.
De feito, nos últimos nove anos o peso das mulleres nos consellos reitores, a nivel nacional, duplicouse. Hai constancia da melloría, pero non é suficiente. Isto non é froito da casualidade, senón do traballo que se vén realizando, tanto dende Cooperativas Agro-alimentarias de España como dende as diferentes federacións.
As impresións son moi positivas, xa que se percibe o interese dos distintos países en potenciar e destacar o papel da muller rural, amosando unha gran sensibilidade en igualdade de opor- tunidades.
Tamén porque COGECA foi admitida para formar parte da COMISIÓN FEMENINA, onde terá repre- sentación.
A experiencia, a título persoal, foi incrible, moi enriquecedora. Síntome moi afortunada por ter a oportunidade de ser a voz das Mulleres de Cooperativas Agro-alimentarias de España no Parlamento Europeo. Son moi consciente de que hai moitas compañeiras máis meritorias ca min para estar alí, pero tiven a sorte de asumir esa responsabilidade como vicepresidenta de AMCAE.
Dolores Calvo